Fascismo - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo
precisa de máis
fontes ou referencias
que aparezan nunha
publicación acreditada
que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude
mellorando este artigo
(Desde novembro de 2016.)
Este artigo contén varias
ligazóns externas
e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,
mellora o artigo introducindo
notas ao pé
citando as fontes
Podes ver exemplos de como se fai
nestes artigos
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o
libro de estilo
da Galipedia
Mellore este artigo:
véxase tamén segundo
WP:LE
Pode axudar a
mellorar este artigo
e outros en
condicións semellantes
Fascismo
Instancia de
sistema político
ideoloxía política
movemento político
Subclase de
ultranacionalismo
populismo
totalitarismo
Composto por
Alemaña Nazi
Nazismo na Europa
(pt)
Fascist syndicalism
(en)
fascismo italiano
Economia do fascismo
(pt)
fascismo na América do Norte
(pt)
Epónimo
fasces
Aspecto de
ultradereita
Influído por
Charles Maurras
Revolución de Outubro
Revolución Francesa
fin de siècle
(pt)
Obxectivo
ditadura
autarquía
supremacismo
Caracterizado por
autoritarismo
dirixismo
unipartidismo
antiliberalismo
anticomunismo
conservadorismo social
estratificación social
autocracia
militarismo
ultranacionalismo
ditador
aestheticization of politics
(en)
Oposto a
antifascismo
En oposición a
marxismo
pluralismo político
liberalismo
democracia
anarquismo
socialismo
Uso
pexorativo
Características
Posición política
far-right
(en)
Implicados
Persoas relevantes
Benito Mussolini
Practicado por
fascista
Historia
Historia
historia do fascismo
Fascio d'azione rivoluzionaria
(pt)
Sucedido por
neofascismo
Localización
País de orixe
Reino de Italia
Códigos e identificadores
Freebase
/m/02zmm
MeSH
D000074440
Fontes e ligazóns
Descrito pola fonte
Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947)
Q110436122
Red Blue Translator
Wikidata
C:Commons
Mussolini con Adolf Hitler.
fascismo
é unha doutrina totalitaria de extrema-dereita desenvolvida por
Benito Mussolini
na
Italia
, a partir de
1919
, e durante o seu goberno (
1922
1943
1943
1945
). Fascismo deriva de
fascio
, nome de grupos políticos ou de militancia que xurdiron na Italia entre finais do
século XIX
e comezos do XX; mais tamén de
fasces
, que nos tempos do
Imperio Romano
era un símbolo dos maxistrados: un machado co mango rodeado de varas, simbolizando o poder do Estado e a unidade do pobo. Os fascistas italianos tamén foron coñecidos pola expresión
camisas negras
, en virtude do uniforme que levaban.
O fascismo susténtase nos seguintes principios:
Nacionalismo
exacerbado, exaltación do Estado, rexeitamento ao
liberalismo
, o
comunismo
e á
democracia liberal
e culto ao líder.
Definición
editar
editar a fonte
Un fasce
A verba
fascismo
adquiriu o significado de calquera sistema de goberno semellante ao de Mussolini, o cal exalta a
nación
e moitas veces á
raza
por riba do individuo, pero non de forma tan explícita coma o
nazismo
. Emprega a
violencia
, modernas técnicas de
propaganda
censura
para suprimir pola forza a oposición
política
, unha regulamentación económica e social severa, e sustenta o
nacionalismo
e por veces a
xenofobia
nacionalismo étnico
), tendo en conta que se favorece principalmente ós nados no propio país, desenvolvéndose desa forma unha certa apatía cara os inmigrantes. De acordo coas doutrinas do
libertarianismo
David Nolan
Nolan chart
), o "fascismo" ocupa un lugar no espectro político como un equivalente
capitalista
ao
comunismo
, sendo un sistema que apoia a liberdade "económica" mais ao mesmo tempo restrinxido polos seus controis sociais de tal forma que se volve virtualmente indistinguible do
totalitarismo
Nun artigo da
Enciclopedia Italiana
de
1932
, escrito por
Giovanni Gentile
e atribuído a
Benito Mussolini
, o fascismo é descrito como un sistema no cal "o Estado é a autoridade que goberna e acomoda as vontades individuais con leis e valores da vida espiritual, mais tamén é o poder que fai que a súa vontade no estranxeiro prevaleza. ...Para o fascista, todo está dentro do Estado e ... nin individuos ou grupos están fóra del... Para o Fascismo, o Estado é un absoluto, e os individuos ou grupos apenas teñen relevancia."
Mussolini, o día
28 de outubro
de
1925
, proferiu nun discurso a frase que define concisamente a filosofía do fascismo: "
Tutto nello Stato, niente al di fuori dello Stato, nulla contro lo Stato
" ("Todo no Estado, nada fóra do Estado, nada contra o Estado").
Nazismo
é polo xeral considerado unha forma de fascismo, mais no Nazismo, en contraste co Fascismo, o obxectivo do Estado é estar ao servizo dun ideal, daquilo que o Estado supostamente debería ser: as súas persoas, razas, e a
enxeñaría social
destes aspectos da
cultura
coma fin última da maior prosperidade posible para eles a costa dos demais. Pola súa banda, o fascismo de Mussolini continuou fiel á ideoloxía de que todos estes factores existían para servir ao Estado e que non era necesariamente no interese do Estado servir ou manipular algunhas daquelas características.
O único obxectivo do goberno era mostrarse como a maior prioridade da súa cultura, simplemente sendo o Estado en si, canto maior a súa dimensión, mellor, polo que se pode dicir que se tratou dunha Estadolatría (idolatría do estado) do goberno.
O fascismo italiano asume que a natureza do estado é superior á suma dos individuos que o compoñen e que eles existen para o estado, en vez de o estado existir para servilos. Deste modo todos os asuntos dos individuos son asuntos do Estado. No seu modelo
corporativista
da xestión totalitaria, as funcións do Estado son desempeñadas por entidades individuais que compoñen o Estado, sendo do interese deste inspeccionar esa acción, sen nacionalizar aquelas entidades. A actividade privada é empregada polo Estado, o cal pode decidir suspende-la infraestrutura dalgunha entidade de acordo coa súa utilidade e dirección, ou interese do estado.
A composición social dos movementos fascistas foi historicamente a de pequenos negociantes, burócratas de nivel baixo e as clases medias. O Fascismo tamén atopou grande éxito nas áreas rurais, especialmente entre agricultores, e na cidade entre as clases traballadoras. Un aspecto importante do fascismo é que usa os seus movementos de masa para atacar ás organizacións das clases traballadoras - partidos da esquerda e sindicatos.
Ao contrario do período anterior á
segunda guerra mundial
, cando moitos grupos se denominaran abertamente fascistas, no período da
posguerra
, o termo tomou un significado pexorativo, en parte como reacción aos crimes contra a Humanidade levados a cabo polos
Nazis
Hoxe, moi poucos grupos se proclaman fascistas, e o termo é usado para referirse a grupos polos que se ten pouco aprecio. O termo "fascista" ou "Nazi" é frecuentemente atribuído a individuos ou grupos que son vistos como de comportamento autoritario ou que tenta concentrar o poder.
Mais particularmente, "Fascista" é por veces empregado por persoas de esquerda para caracterizar algúns grupos ou persoas da extrema dereita ou próximas, ou por persoas de extrema esquerda para describir calquera influencia política ou cultural percibidas coma "non-progresistas", ou simplemente non suficientemente progresistas. Este uso recuou moito nos anos 70 do
século XX
mais coñeceu un rexurdir recente co movemento do activismo
antiglobalización
O fascismo, en moitos aspectos, é unha ideoloxía de negativismo: anti
liberal
, anti
comunista
, anti
democrática
, antiigualitaria etc. Como sistema político e económico en Italia, combinaba elementos de
corporativismo
totalitarismo
nacionalismo
, e
anticomunismo
A orixe e a ideoloxía do fascismo
editar
editar a fonte
Etimoloxicamente, o uso da verba
fascismo
na historia política italiana moderna recúa aos anos da década de
1890
na forma dos
fasci
, que eran grupos políticos radicais que proliferaron nas décadas anteriores á
primeira guerra mundial
. (ver
Fascio
para máis información sobre este movemento e a súa evolución).
O texto
Doutrina do Fascismo
foi escrito por
Giovanni Gentile
, un filósofo idealista e que serviu como o seu filósofo oficial. Mussolini asinou o artigo e o texto foille atribuído oficialmente. Nel, os franceses
Georges Sorel
Charles Péguy
, e
Hubert Lagardelle
foron invocados como as fontes do fascismo. As ideas de Sorel sobre o
sindicalismo
e a violencia son postas en evidencia neste documento. Tamén cita ao francés
Joseph Renan
que di ter "intuicións pre-fascistas".
Tanto Sorel como Péguy recibiron influencias de
Henri Bergson
. Bergson rexeita o
cientismo
, a evolución mecánica e o
materialismo
da ideoloxía
Marxista
. Bergson falou tamén dun
élan vital
coma un proceso evolucionario. Ambos elementos de Bergson aparecen no fascismo. Mussolini afirma que o fascismo nega a doutrina do socialismo científico e Marxista e a doutrina do materialismo histórico.
Hubert Lagardelle
, un coñecido escritor sindicalista, foi influído por
Pierre Joseph Proudhon
, que é a figura inspiradora do
anarcosindicalismo
Hai varias influencias en Mussolini.
Sergio Panunzio
, un grande teórico do fascismo na década de
1920
, tiña un pasado
sindicalista
mais a súa influencia diminuíu a medida que o movemento se distanciou das súas raíces esquerdistas. O concepto fascista do
corporativismo
e particularmente as súas teorías da
colaboración de clases
e relacións económicas e sociais son moi semellantes ás do modelo delineado polo
Papa León XIII
na súa
encíclica
de 1892
Rerum Novarum
que se debatía coa política tal como ela fora transformada pola
Revolución Industrial
e outras mudanzas na sociedade que ocorreron no
século XIX
. O documento criticaba o capitalismo, queixándose da explotación das masas na industria.
Entrementres,
Rerum Novarum
criticaba severamente o concepto socialista da
loita de clases
e a súa solución proposta para eliminar a propiedade privada. Propuña que gobernos fortes tomasen por misión protexe-lo seu pobo da explotación, e solicita aos
Católicos
o aplicaren principios da xustiza social nas súas propias vidas.
Tentando encontrar algúns principios que substituísen á doutrina
Marxista
de
loita de clases
Rerum Novarum
propuña a solidariedade social entre as clase altas e baixas e engadía o
nacionalismo
como forma de preserva-la moralidade tradicional, costumes, e tradicións. Ao facelo,
Rerum Novarum
propuña unha especie de corporativismo, a organización de sociedades políticas como esferas industriais, de forma semellante ás
guildas
medievais. Unha
democracia
onde cada persoa teña dereito a un voto era rexeitada en favor da representación por grupos de intereses. Esta idea pretendía ir contra a "natureza subversiva" da doutrina de
Karl Marx
Os temas e ideas desenvolvidos en
Rerum Novarum
poden ser tamén encontrados na ideoloxía do fascismo tal como foi desenvolvida por Mussolini.
O fascismo tamén se baseou en
Gabriele d'Annunzio
e a súa
Constitución de Fiume
na súa efémera "rexencia" da cidade de
Fiume
. O
Sindicalismo
tivo unha influencia no fascismo, en particular porque algúns sindicalistas se teñen cruzado coas ideas de D'Annunzio. Antes da primeira guerra mundial, ao sindicalismo tíñaselle coma unha doutrina militante para a revolución da clase traballadora. Distinguíase do Marxismo porque insistía que o mellor camiño para a clase traballadora era liberarse polo sindicato en vez do partido. En
1908
, o
Partido Socialista Italiano
expulsou aos sindicalistas. O movemento sindicalista dividiuse entre o
anarcosindicalismo
e outras tendencias máis moderadas.
Algúns moderados comezaron a promover os chamados "sindicatos mistos" de traballadores e patróns. Nesta liña de acción, absorben as ensinanzas dos teóricos católicos e expanden as teorías para que abrangan o grande poder do Estado, desviándose das influencias de D'Annuzio e aproximándose a ideais máis nacionalistas.
Cando se publicou a tradución italiana do libro
Au-delà du marxisme
, de
Henri de Man
, Mussolini escribiu que o criticismo de Man destruíra calquera elemento "científico" aínda existente no
Marxismo
. Mussolini aprecia a idea de que a organización corporativa e as novas relacións entre proletariado e capital ían eliminar o "conflito de intereses económicos" e polo tanto neutralizar o "xerme da loita de clases".
Pensadores socialistas que rexeitaban as ideas convencionais,
Robert Michels
Sergio Panunzio
Ottavio Dinale
Agostino Lanzillo
Angelo Oliviero Olivetti
Michele Bianchi
, e
Edmondo Rossoni
promoveron esa tentativa de reconciliar o socialismo co
nacionalismo
O fascismo italiano
editar
editar a fonte
Mussolini fundou o movemento fascista o
23 de marzo
de
1919
, nunha reunión feita na cidade de
Milán
. Entre os membros fundadores estaban os líderes revolucionarios sindicalistas Agostino Lanzillo e Michele Bianchi.
En
1921
, os fascistas pasaron a desenvolver un programa que esixía a
república
, a separación da
Igrexa
do
estado
, un exército nacional, un
imposto progresivo
para herdanzas e o desenvolvemento de cooperativas.
O estado fascista de Mussolini foi establecido aproximadamente unha década antes da chegada de
Hitler
ao poder. O fascismo italiano foi, en moitos aspectos, unha reacción á falla aparente do
laissez-faire
e ao medo dos movementos de esquerda, a pesar de que as circunstancias na historia intelectual deben ser consideradas, como o abalo do
positivismo
e o fatalismo xeneralizado da posguerra na
Europa
O fascismo foi en certa forma o resultado dun sentimento xeral de ansiedade e medo dentro da clase media na Italia da posguerra, resultado da converxencia de presións interrelacionadas de orde económica, política e cultural. En canto ao estandarte desta ideoloxía autoritaria e nacionalista, Mussolini foi capaz de explorar os medos perante o capitalismo nunha era de depresión e posguerra, o ascenso dunha esquerda máis militante, e un sentimento de vergoña nacional e de humillación que resultara da "vitoria mutilada" da Italia nos tratados de paz trala
primeira guerra mundial
. As aspiracións nacionalistas non realizadas (ou frustradas) manchaban a reputación do
liberalismo
e do
constitucionalismo
entre moitos sectores da poboación italiana. Ademais, estas institucións democráticas nunca creceran ata atoparse firmemente enraizadas na nova nación-estado.
A medida que esa mesma depresión da posguerra facía crecer a sedución polo
marxismo
entre o proletariado urbano, aínda máis desprovisto de dereitos cós seus contrapartes no continente, o receo á forza crecente do
sindicalismo
, o
comunismo
e o
socialismo
proliferaban entre a elite e a clase media. Dagún xeito,
Benito Mussolini
enchía un baleiro político. O Fascismo xurdiu coma unha "terceira vía" — como a última esperanza da Italia para evitar o colapso inminente do "fraco" liberalismo italiano, e a revolución comunista.
Ao mesmo tempo que fallaba en crear un programa coherente, o fascismo evolucionou cara un novo sistema político e económico que combinaba o
corporativismo
, o
totalitarismo
nacionalismo
, e
anticomunismo
nun estado deseñado para unir a tódalas clases nun sistema capitalista, mais un novo sistema capitalista no que o estado tiña o control da organización das industrias vitais. Baixo a bandeira do nacionalismo e o poder estatal, o Fascismo parecía sintetizar o glorioso pasado romano cunha utopía futurista.
A sedución polo movemento, a promesa dun capitalismo máis ordenado despois dunha era de depresión económica na posguerra, non se limitaba a Italia ou mesmo a Europa. Por exemplo, unha década máis tarde, cando a
Gran Depresión
orixinou un receso na economía brasileira, unha especie de proto-fascismo ía emerxer coma reacción aos problemas socioeconómicos, e a conciencia nacionalista do estatuto periférico da economía do Brasil. O réxime de Getúlio Vargas adoptou unha extensa influencia fascista coa Constitución do Estado-Novo, dirixida por Francisco Campos, eminente xurista afiliado ao Partido Fascista Brasileiro.
Fundado coma unha asociación nacionalista (o
Fasci di Combattimento
) de veteranos da
primeira guerra mundial
en
Milán
23 de marzo
de
1919
, o movemento fascista de Mussolini converteuse nun partido nacional (o
Partito Nazionale Fascista)
despois de gañar 35 escanos nas eleccións ao parlamento de maio de
1921
. Inicialmente combinando elementos ideolóxicos da esquerda e da dereita, aliñábase coas forzas conservadoras pola súa oposición ás ocupacións a fábricas en setembro de
1920
A pesar dos temas da reforma social e económica no
manifesto fascista
inicial de
xuño
de
1919
, o movemento foi apoiado por seccións da clase media, receosos do socialismo e do comunismo, namentres que industriais e donos de terra víano coma unha defensa contra a militancia laborista. Baixo a ameaza dunha "
Marcha sobre Roma
fascista," Mussolini asumiu en
Outubro
de
1922
o liderado dun goberno de coalición de dereita incluíndo inicialmente membros do partido popular, pro-Igrexa.
A transición cara a unha ditadura asumida foi máis gradual do que na
Alemaña
unha década máis tarde, apesares de que en xullo de
1923
unha nova lei electoral dificultaba a constitución dunha maioría parlamentaria fascista, e o asasinato do deputado socialista
Giacomo Matteotti
once meses máis tarde mostrou os límites da oposición política. En
1926
os movementos de oposición foron declarados ilegais, e en
1928
a elección ao parlamento estaba restrinxida a candidatos aprobados polos fascistas.
O feito político máis duradeiro deste réxime foi talvez o
Tratado de Laterano
de febreiro de
1929
entre o estado italiano e a
Santa Sé
, polo cal ó
Papado
foille concedida a soberanía sobre a
Cidade do Vaticano
e recibiu a garantía do libre exercicio do
Catolicismo
como a única relixión do estado en toda Italia en troques da súa aceptación da soberanía italiana sobre os anteriores dominios do Papa.
Os sindicatos e asociacións de traballadores foron reorganizados en
1934
en 22 corporacións fascistas combinando traballadores e empresarios por sector económico, cuxos representantes en
1938
substituíron ao parlamento como a "Cámara de Corporacións". O poder continuaba investido no Grande Consello Fascista, o corpo gobernativo do movemento.
Nos anos 30 do
século XX
, a Italia estábase a recuperar da
Gran Depresión
, e obtiña o crecemento económico en parte pola substitución de importacións pola produción doméstica (
Autarquía
).
A drenaxe dos
pantanos de Pontine
ao sur de
Roma
, empestados de
malaria
, foi un dos orgullos do réxime. Mais o crecemento foi minado polas sancións internacionais impostas a Italia por mor da invasión de
Etiopía
en Outubro de
1935
(a
crise da Abisinia
), e polo forte esforzo financeiro que o goberno fixo para apoiar militarmente aos nacionalistas de
Franco
na
guerra civil española
O illamento internacional e o seu apoio común en España vai facer resaltar unha crecente colaboración diplomática entre a Italia e a Alemaña Nazi. Isto vese tamén nas políticas domésticas do réxime fascista italiano, as primeiras leis
antisemitas
dátanse en
1938
A intervención de Italia (
10 de xuño
de
1940
) na segunda guerra mundial como aliado da Alemaña trouxo o desastre militar e deu coma resultado a perda das colonias no norte e leste africano, tamén a invasión americano-británica de
Sicilia
en xullo de
1943
e o sur de Italia en setembro de
1943
Mussolini foi destituído como primeiro ministro polo rei
Vitor Manuel III de Italia
25 de xullo
de
1943
, e a continuación foi preso. En setembro libérano paracaidistas alemáns é instalado como xefe dunha "
República Social Italiana
" fantoche en
Salo
, no norte da Italia, entón ocupado pola Alemaña. A súa asociación co réxime de ocupación alemán restoulle moito do pouco apoio que lle restaba. A súa execución sumaria o
28 de abril
de
1945
por guerrilleiros, durante unha fase final da guerra particularmente violenta, foi vista por moitos observadores como o final apropiado para o seu réxime.
Trala guerra, os restos do fascismo italiano reagrupáronse sobre o "Movemento Social Italiano" (MSI) neo-fascista. O MSI formou coalición en
1994
coa antiga "Democracia Cristiá" conservadora para formar a
Alleanza Nazionale
(AN), que proclama o seu compromiso co constitucionalismo, o goberno parlamentario e pluralismo político.
Fascismo
versus
socialismo
editar
editar a fonte
O Fascismo desenvolveu unha oposición ao
socialismo
e ó
comunismo
, é curioso que moitos fascistas foran
marxistas
no pasado. Con relación ó tema, en
1923
Mussolini declarou, na
Doutrina do Fascismo
"(...) O Fascismo [é] a completa oposición ao ... socialismo marxista, á concepción
materialista
da historia das civilizacións humanas, que explica a evolución humana como simples conflitos de intereses entre varios grupos sociais e o cambio e desenvolvemento incluíndo os instrumentos e modos de produción...
O Fascismo, agora e sempre, acredita no sagrado e no heroísmo; quere dicir, en accións non influenciadas por motivos económicos, directos ou indirectos. E se a concepción economicista da historia fose negada, de acordo coa teoría de que os homes son máis que bonecos, levados ao sabor de ondas de cambio, namentres que as forzas controladoras reais están fora de control, conclúese que a existencia dunha loita de clases eterna é tamén negada — o produto natural da concepción economicista da historia. E por riba de todo o Fascismo nega que a loita de clases sexa a forza preponderante na transformación da sociedade.
... A máxima de que a sociedade existe só para o benestar e para a liberdade daqueles que a compoñen non parece estar en conformidade cos plans da natureza... Se o liberalismo clásico apoia o individualismo, o Fascismo apoia goberno forte."
—Benito Mussolini, citación en dominio público extraída de
The Internet Modern History Sourcebook
Arquivado
06 de xuño de 2005 en
Wayback Machine
Aínda que certos tipos de socialismo poidan asemellarse superficialmente ao fascismo, debe ser destacado que as dúas ideoloxías chocan violentamente en moitos asuntos. O papel do Estado, por exemplo. No Socialismo, considérase que o Estado é simplemente unha "ferramenta do pobo", algunhas veces chamado "mal necesario", que existe para servir aos intereses do pobo e protexe-lo ben común (e algunhas formas de socialismo, como o
socialismo libertario
, rexeitan completamente o estado). O Fascismo cre no Estado coma un fin en si mesmo, e digno de obediencia por parte do pobo.
O fascismo rexeita as doutrinas centrais do
Marxismo
, que son a
loita de clases
e a necesidade de substituír o
capitalismo
por unha sociedade controlada polos
obreiros
, na cal os traballadores sexan propietarios dos
medios de produción
Un goberno fascista é xeralmente caracterizado como de "extrema dereita" e un goberno socialista, de "esquerda". Mais teóricos como
Hannah Arendt
Friedrich Hayek
argumentan que existen diferenzas apenas superficiais entre o Fascismo e formas totalitarias de socialismo (véxase
Stalinismo
); unha vez que os gobernos autoproclamados "socialistas" non sempre mantiveron o seu ideal de servir ao pobo e respectar os principios democráticos. Moitos socialistas e comunistas rexeitan eses gobernos totalitarios, encarados como unha forma de Fascismo con máscara de socialismo. (Vexa
espectro político
modelo político
para máis detalles.)
Socialistas e outros críticos (non necesariamente de esquerda) sustentan que non hai sobreposición ideolóxica entre Fascismo e
Marxismo
; acreditan que ambas as doutrinas son diametralmente opostas. Sendo o Marxismo a base ideolóxica do comunismo, conclúen que as comparacións feitas por Arendt e outros son inválidas.
Mussolini rexeitou completamente o concepto marxista de
loita de clases
ou a tese marxista de que os
obreiros
deberían apropiarse dos
medios de produción
. En
1932
escribiu (na
Doutrina do Fascismo
, por vía de Giovanni Gentile):
"Fóra do Estado non pode haber nin individuos nin grupos (partidos políticos, asociacións, sindicatos, clases). Entón o fascismo se opón ao socialismo, que confina o fluxo da historia á loita de clases e ignora a unidade de clases establecida nunha realidade económica e moral do Estado."
A orixe esquerdista do líder fascista italiano Mussolini, coma un antigo líder da ala mais radical do partido socialista italiano, ten sido frecuentemente notada. Ademais da súa viraxe cara a dereita, Mussolini continuou a empregar moito da retórica do socialismo, substituíndo a clase social pola nación como a base da lealdade política.
Tamén é frecuentemente notado que a Italia fascista non nacionalizou industrias ou entidades capitalistas. Máis ben estabeleceu unha estrutura corporativista influenciada polo modelo de relacións de clase avanzado pola Igrexa católica. De feito, existe unha grande cantidade de literatura sobre a influencia do Catolicismo no fascismo e das ligazóns entre o clero e os partidos políticos na Europa antes e durante a
segunda guerra mundial
A pesar de que o fascismo italiano tense autoproclamado coma a antítese ao socialismo, a historia persoal de Mussolini no movemento socialista fai que teña algunha influencia sobre el. Elementos da práctica dos movementos socialistas que retivo:
A necesidade dun partido de masas;
A importancia de obter o apoio entre a clase traballadora;
Técnicas de difusión de ideas coma o uso da
propaganda
Manifesto Fascista
orixinal contiña un determinado número de propostas para reformas que tamén eran comúns entre os movementos socialista e democráticos e eran deseñados para apelar á clase traballadora. Estas promesas foron xeralmente ignoradas unha vez que os fascistas tomaron o poder.
Críticos apuntan que os Marxistas e os sindicalistas foron os primeiros albos e as primeiras vítimas de Mussolini e de
Adolf Hitler
unha vez que chegaron ó poder. Tamén resaltan o antagonismo que resultou en loitas de rúa entre fascistas e socialistas, incluíndo:
Batalla de Cable Street
de 1936 en Londres entre
Trotskistas
e membros do
Partido Comunista da Gran Bretaña
contra simpatizantes de Mosely
Loitas de rúa na Alemaña anteriormente á chegada ao poder de Hitler.
Mussolini tamén apresou a
Antonio Gramsci
dende 1926 até 1934, despois de Gramsci, un líder do
Partido Comunista Italiano
e unha figura intelectual destacada, por tentar crear unha fronte común entre a esquerda política e os traballadores, co obxectivo de resistir e derrotar ó fascismo. Outros líderes comunistas italianos coma
Palmiro Togliatti
foron ao exilio e loitaron pola república en España.
Unha manifestación do conflito entre fascismo e socialismo foi a
guerra civil española
Fascismo e outros réximes totalitarios
editar
editar a fonte
Algúns historiadores e teóricos ven no fascismo e no réxime
comunista
da
Unión Soviética
(máis especificamente o
Stalinismo
) grandes semellanzas, considerándoos "
totalitarismo
" (unha denominación de
Hannah Arendt
). Outros os ven coma incomparables. Arendt e outros teóricos do totalitarismo argumentan que hai semellanzas entre as nacións baixo dominio Fascista e Stalinista. Por exemplo, tanto Hitler coma Stalin cometeron asasinatos masivos de millóns dos seus concidadáns que non se integraran nos seus planes.
De acordo coa doutrina do libertarianismo
Nolan chart
, o "fascismo" ocupa un lugar no espectro político como o equivalente capitalista do
comunismo
, sendo un sistema que apoia a "liberdade económica" mais os seus controis sociais fai que se volte totalitario.
En
1947
, o economista austríaco
Ludwig von Mises
publicou un libro chamado "Caos planeado" (Planned Chaos). Nel afirmaba que o fascismo e o Nazismo son ditaduras socialistas e que ambas obedecían aos principios soviéticos de ditadura e opresión violenta dos disidentes.
Dixo que a maior herexía de Mussolini á ortodoxia marxista fora o seu forte apoio da entrada italiana na
primeira guerra mundial
do lado aliado (Mussolini pretendía "libertar" áreas de lingua italiana vivindo baixo control austríaco nos
Alpes
).
Esta visión contradí as declaracións do propio Mussolini (para non mencionar aos seus opoñentes socialistas) e é xeralmente vista co escepticismo polos historiadores.
Críticos de von Mises argumentan que estaba atacando un fantoche; é dicir, que mudou a definición de socialismo, co gallo de acomodar o fascismo e o nazismo a esa definición. O concepto de
ditadura do proletariado
ao cal Von Mises alude non é o mesmo que o concepto de ditadura empregada polos fascistas.
Ditadura do
proletariado
significa, na definición marxista, unha ditadura dominada polas clases traballadoras, non unha ditadura dominada pola clase capitalista. Este concepto foi manipulado por
Stalin
ata o punto de significar unha ditadura do
Secretario Xeral
sobre o partido e as clases traballadoras. Neste punto, Stalin desviouse de Marx, e como tal non é correcto afirmar que conducía unha forma de goberno Marxista.
Por outra banda no relativo ao modelo económico fascista baseado no
corporativismo
promove unha colaboración entre clases nunha tentativa de unión das mesmas baixo o control do estado, namentres que o modelo marxista promove a eliminación non só das clases, senón tamén do propio estado.
Adicionalmente, os estados fascistas, por un lado, e a
Unión Soviética
e o
bloque soviético
por outro, foron
estados policiais
, feito que non significa que sexa produto do socialismo. A pesar que de tódolos estados de partido único poden ser considerados estados policiais, non hai ningunha relación entre a definición de socialismo e a definición de estado policial, nin tódolos estados policías son socialistas ou fascistas. Moitos outros réximes de partido único, incluíndo réximes capitalistas, foron tamén estados policiais. Algúns exemplos:
República da China
baixo o réxime
Kuomintang
de
Chiang Kai-shek
Afganistán
baixo o réxime
talibán
Irán
, durante o réxime dos
Xá
, un estado
monárquico
policial;
Vietnam do Sur
, a
Corea do Sur
Singapur
e outros países do sueste asiático, durante períodos recentes da súa historia.
Por outra banda, existiron moitos gobernos socialistas en sistemas de múltiple partido que non foron estados policiais.
Anticomunismo
editar
editar a fonte
Artigo principal
anticomunismo
Fascismo e
Comunismo
son sistemas políticos que ascenderon a un primeiro plano despois da
primeira guerra mundial
. Historiadores do período entre a primeira e a segunda guerra mundial coma
E.H. Carr
Eric Hobsbawm
afirmaron que o
liberalismo
estaba baixo presión neste período e que parecía unha filosofía condenada. O éxito da
Revolución Rusa
de
1917
deu lugar a unha onda revolucionaria por toda Europa. O movemento socialista mundial dividiuse entre as faccións
socialdemócrata
Leninista
A formación da
Terceira Internacional
levantou serios debates entre os partidos social-demócratas, rematando no separatismo dos que apoiaban á Revolución Rusa para formar partidos comunistas na maioría dos países industrializados (e non industrializados).
Ao remate da primeira guerra mundial, houbo tentativas de revoltas ou ameazas de revoltas por toda Europa, principalmente na
Alemaña
, onde a
Revolta Spartacista
, liderada por
Rosa Luxemburg
Karl Liebknecht
en xaneiro de
1919
, foi facilmente esmagada. Na
Baviera
, comunistas derrubaron o goberno e estabeleceron o
Soviet de Múnic
entre 1918 e 1919. Un curto goberno soviético foi establecido na
Hungría
por
Béla Kun
en 1919.
A revolución rusa tamén inspirou movementos revolucionarios en Italia, coa de ocupación de fábricas. Moitos historiadores ven o fascismo coma unha resposta a estes sucesos, coma un movemento que ao mesmo tempo tentou apelar ás masas e desvialas do
Marxismo
. Tamén apelou aos capitalistas coma unha barreira contra o
bolxevismo
. O fascismo italiano tomou o poder co apoio do rei de Italia despois de que anos de intranquilidade esquerdista levaran a moitos conservadores a crer que unha revolución comunista era inevitable.
En toda Europa, numerosos aristócratas, intelectuais conservadores, capitalistas e industriais ofreceron apoio aos movementos fascistas nos seus países, emulando ao fascismo italiano. Na Alemaña, xurdiron numerosos grupos de dereita nacionalista, particularmente na posguerra os
Freikorps
, que se empregaron para esmagar aos
spartaquistas
e a
Räterrepublik
de
Múnic
Coa
Gran Depresión
da década de 1930, semellaba que o liberalismo e as formas liberais de capitalismo estaban condenadas, e os movementos fascistas e comunistas non paraban de gañar apoios. Estes movementos opoñíanse ferozmente un ó outro e loitaban acotío, o exemplo mais notable foi a
guerra civil española
. Esta guerra volveuse unha guerra por representantes (proxy war) entre países fascistas e seus aliados internacionais, que apoiaron a
Franco
e o movemento comunista mundial aliado aínda que con certas diferenzas aos anarquistas e trotskistas, que apoiaron á
Fronte Popular
e que recibiron axuda sobre todo da
Unión Soviética
Inicialmente, a
Unión Soviética
apoiou a alianza con potencias occidentais contra a Alemaña Nazi e frontes populares en varios países contra o fascismo doméstico. Esta política tivo pouco éxito debido á desconfianza mostrada polas potencias occidentais (sobre todo a Gran Bretaña) cara a Unión Soviética. O
Acordo de Múnic
entre a Alemaña, Francia e Inglaterra contribuíu a que os soviéticos pensaran que as potencias occidentais estaban desexosas de forzalos a loitar contra o Nazismo. A falta de ímpeto por parte dos británicos durante as negociacións diplomáticas cos soviéticos serviu para tornar a situación a peor. Os soviéticos mudaron a súa política e negociaron un pacto de non-agresión coñecido como o
Pacto Molotov-Ribbentrop
no ano 1939.
Vyacheslav Molotov
afirma nas súas memorias que os soviéticos crían que isto era preciso para gañares tempo e prepara-la guerra contra a Alemaña.
Stalin non agardaba que os Alemáns atacasen antes de 1942, mais o pacto rematou en 1941 cando a Alemaña Nazi invadiu a Unión Soviética. Fascismo e comunismo voltáronse inimigos a morte. A guerra, para ambos, era vista coma unha guerra de ideoloxías.
Fascismo e cristianismo
editar
editar a fonte
Pío XI
e o daquela cardeal Pacelli (futuro
Pío XII
) inaugurando
Radio Vaticana
en 1931.
Sempre houbo unha grande polémica entre os movementos fascistas e o
cristianismo
, particularmente a
Igrexa católica
Cómpre referencia
Como xa se mencionou, a encíclica do
Papa León XIII
de
1891
Rerum Novarum
anticipou moito da doutrina que se tornou coñecida coma fascismo. Corenta anos despois, as tendencias corporativas de
Rerum Novarum
foron resaltadas pola encíclica do
Papa Pío XI
25 de maio
de
1931
Quadragesimo Anno
que reafirmou a hostilidade de
Rerum Novarum
cara a competición desordenada e a loita de clases.
Ao comezo dos anos 20 do século XX, o partido católico en Italia (
Partito Popolare
) estaba disposto a formar coalición co partido reformador que podería ter estabilizado a política italiana e frustrado o golpe proxectado por Mussolini. A
2 de outubro
de 1922, o
Papa Pío XI
fai circular unha carta ordenando ó clero que non se aliñara co Partito Popolare, senón que ficase neutral, unha acción que vai enfraquecer ó partido e á súa alianza contra Mussolini. O secretario de estado do Vaticano reuniuse con
Il Duce
ó comezo de 1923 e estivo de acordo en disolver o
Partito Popolare
, que Mussolini viu coma un obstáculo ao dominio fascista. A cambio, os fascistas déronlles garantías en canto á educación e institucións católicas.
En 1924, despois do asasinato do líder do Partido Socialista por fascistas, o
Partito Popolare
xuntouse ao partido socialista na esixencia de que o rei despedira a Mussolini coma primeiro ministro, e afirmou o desexo de formar un goberno de coalición. Pío XI respondeu avisando contra os perigos dunha alianza entre católicos e socialistas. O Vaticano ordenou que tódolos cregos deixasen calquera posto que ocuparan no "Partito Populare". Esta posición da Igrexa levou à desintegración do partido nas áreas rurais, onde dependía da condescendencia clerical.
O Vaticano estabeleceu a continuación a
Acción Católica
coma unha organización non política baixo o control directo dos bispos. O Vaticano prohibiulle de participar na política e deste xeito eliminaba as posibilidades de que se opuxeran ao réxime fascista. Pío XI ordenou a tódolos católicos que se unisen a Acción Católica. Isto provocou que centos de miles de católicos italianos abandonaran o
Partito Popolare
, a se uniran a Acción Católica. Foi o colapso do partido católico.
Cando Mussolini ordenou o peche da
Acción Católica
en maio de 1931, Pío XI emitiu unha encíclica,
Non abbiamo bisogno
. Este documento afirma a oposición da Igrexa católica á disolución e argumenta que aquela orden de Mussolini "desenmascaraba as intencións pagás do Estado fascista". Baixo presión internacional, Mussolini decidiu anular dito peche.
Máis aló das semellanzas doutrinais, hai que sinalar que as relacións entre a Igrexa católica e os movementos fascistas foron moitas e relevantes. Por exemplo, na
Eslovaquia
, o ditador fascista foi un
monseñor
católico. Na
Croacia
, os
Ustaše
fascistas declarábanse coma um movemento católico. Estes réximes son exemplos de
fascismo clerical
O réxime de
Vichy
en
Francia
estivo tamén profundamente influenciado pola ideoloxía católica reaccionaria da
Action Française
. Por contrapartida, moitos cregos católicos foron perseguidos baixo o réxime
Nazi
, e moitos clérigos católicos desempeñaron importantes papeis na acollida de xudeus durante o
Holocausto
Práctica do fascismo
editar
editar a fonte
Exemplos de sistemas fascistas inclúen:
Nazismo
alemán.
A Italia de
Mussolini
España
baixo o goberno da
Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista
, partido de
Francisco Franco
A práctica do Fascismo tivo diversas medidas políticas e económicas, convidando a comparacións diferentes. Algúns escritores que focalizan as súas análises nas medidas politicamente represivas do fascismo identifican isto coma unha forma de
totalitarismo
, unha descrición que empregan para non só caracterizar á
Italia
fascista e á
Alemaña
nazi, senón tamén países como a
Unión Soviética
, a República Popular de
China
ou a
Corea do Norte
. Débese ter en conta que o termo "totalitarismo" é moi amplo e inclúe moitas ideoloxías diferentes, que son inimigas xuradas unhas das outras.
Algúns analistas, en troques, mostran que certos gobernos fascistas eran máis
autoritarios
que totalitarios. Hai un acordo case universal en que a Alemaña nazi era totalitaria. Porén, moitos discutirían se os gobernos da
España
de
Francisco Franco
e o
Portugal
de
Salazar
, sendo fascistas, eran máis autoritarios ou totalitarios.
Escritores que focalizan as súas análises en políticas económicas e no uso do aparato estatal para combater os conflitos entre as clases diferentes fan comparacións até máis amplas, identificando o fascismo coma unha forma de
corporativismo
. O corporativismo era a cara política da doutrina social
católica
de finais do
século XIX
. Algunhas comparacións fanse en relación ao corporativismo non só coma o nazismo, senón tamén con certas partes do
New Deal
de
Roosevelt
nos
EUA
, e o
populismo
de
Juan Domingo Perón
na
Arxentina
O fascismo coma un fenómeno internacional
editar
editar a fonte
Frecuentemente é materia de disputa saber se un determinado goberno poderá ser caracterizado como fascista, autoritario,
totalitario
, ou simplemente un Estado policial. Réximes que se proclamaron como fascistas ou que son considerados como simpatizantes do fascismo:
Austria
1933
1938
) -
Austro-fascismo
Dollfuß
disolveu o parlamento e estableceu unha ditadura clerical-fascista que durou até que a Austria foi integrada na Alemaña a través do
Anschluss
.. a idea de Dollfuß dun "Ständestaat" foi sacada de Mussolini.
Italia
1922
1943
) - O primeiro país fascista, foi gobernado por
Benito Mussolini
Il Duce
) até que Mussolini foi capturado durante a invasión Aliada. Antes diso Mussolini fora salvado do cárcere domiciliaria por tropas alemás, montando de seguido un estado-fantoche no norte da Italia baixo a protección do exército alemán.
Alemaña
1933
1945
) - Gobernada polo
movemento Nazi
de
Adolf Hitler
(der Führer)
España
1936
1975
) - Despois do apresamento e execución en
1936
do seu fundador
José Antonio Primo de Rivera
durante a
guerra civil española
, o partido da
Falange
fascista española foi liderado polo
Generalísimo
Francisco Franco
, que se tornou coñecido como
El Caudillo
, líder indisputado do lado nacional na guerra civil, e, despois da súa vitoria,
xefe de estado
español até a súa morte, máis de 35 anos despois.
Portugal
1932
1974
) - Menos restritivo que os réximes fascistas da Italia, Alemaña e España, o
Estado Novo
de
António de Oliveira Salazar
era un réxime quasi-fascista, ou mellor aínda, un réxime autoritario de inspiración
integralista
e fascista.
Reino Unido
(1936) - Arredor de 1936 houbo un forte movemento fascista no Reino Unido, acadando o punto máis alto antes da
Batalla de Cable Street
Grecia
- a ditadura de
Joannis Metaxas
entre
1936
1941
non era particularmente ideolóxica na súa natureza, e pode por iso ser caracterizada máis coma autoritaria que fascista. O mesmo pode ser argumentado sobre a ditadura militar do Coronel
George Papadopoulos
entre
1967
1974
, que foi apoiada polos
Estados Unidos
Brasil
1937
1945
) - Moitos historiadores argumentan que o
Estado Novo
brasileiro baixo o mando de
Getúlio Vargas
foi unha variante suramericana dos réximes fascistas do continente europeo.
Bélxica
1939
1945
) - O violento movemento
Rexista
e o partido
Vlaamsch-Nationaal Verbond
obtiveran algún éxito electoral nos anos 30 do século XX. Moitos dos seus membros colaboraron coa ocupación Nazi durante a
segunda guerra mundial
. O movemento
Verdinaso
tamén pode ser considerado fascista. O seu líder,
Joris Van Severen
, foi morto antes da ocupación Nazi. Algúns dos seus adeptos colaboraron, mais outros resistiron.
Eslovaquia
1939
1944
) - O
Partido Popular Fascista
foi un movemento nacionalista semi-fascista asociado coa
Igrexa católica
. Fundado polo pai
Andrej Hlinka
, o seu sucesor o Monseñor
Jozef Tiso
tornouse ó
quisling
dos Nazis nunha
Eslovaquia
supostamente independente.
Francia
1940
1944
) - O réxime de
Vichy
, liderado por
Philippe Pétain
, establecido na secuencia da ocupación da Francia polas tropas
alemás
durante a
segunda guerra mundial
, colaborou cos
Nazis
(era un goberno monicreque), tamén no asasinato de 65.000 xudeus franceses.
Romanía
1940
1944
) - A violenta
Garda de ferro
tomou o poder cando
Ion Antonescu
forzou ao rei
Carol II de Romanía
a abdicar. O réxime fascista acabou trala entrada das tropas soviéticas.
Croacia
1941
1945
) -
Poglavnik
Ante Pavelić
, líder do infame movemento
Ustaše
, chegou ao poder en
1941
como líder fantoche croata baixo o dominio da Alemaña Nazi.
Noruega
1943
1945
) -
Vidkun Quisling
efectuou un
golpe de estado
durante a invasión alemá o
9 de abril
de
1940
. Este primeiro goberno foi substituído por outro goberno fantoche Nazi a partir do
1 de febreiro
de
1943
. O seu partido nunca tivo o apoio do pobo.
Hungría
1944
1945
) -
Ferenc Szálasi
liderou o partido extremista
Cruz de Frechas
. En
1944
, co apoio alemán, substituíu ao almirante
Miklós Horthy
coma xefe de estado despois da tentativa de Horthy de facer a Hungría mudar de bando.
Arxentina
1946
1955
1973
1974
) -
Juan Perón
admiraba a Mussolini e estabeleceu o seu propio
réxime
pseudofascista. Despois da súa morte, a súa terceira esposa e entón vicepresidente
Isabel Perón
foi derrocada por unha
xunta militar
Suráfrica
1948
1994
) - Moitos estudosos clasifican o sistema de
apartheid
posto en funcionamento por
Malan
Verwoerd
como uma forma de fascismo.
Rodesia
1965
1978
) - O sistema de segregación racial liderado por
Ian Smith
é, á semellanza do sistema de
apartheid
en
Suráfrica
, considerado unha forma fascismo.
Lemas e proverbios fascistas
editar
editar a fonte
O xa mencionado
Tutto nello Stato, niente al di fuori dello Stato, nulla contro lo Stato
, "Todo no Estado, nada fóra do Estado, nada contra o Estado."
Me ne frego
, "Non me importa," o lema fascista italiano.
Libro e moschetto - fascista perfetto
, "Livro e mosquete - fascista perfecto." (na Alemaña,
Goebbels
empregaría algo semellante - "Cun libro nunha man e a espada na outra", o nazi...
Viva la Morte
, "Viva a morte (sacrificio)."
Fascismo na actualidade
editar
editar a fonte
Arxentina
- O
Partido Nuevo Triunfo
, que ten como lema "
Una Nación, un Pueblo, un Líder
" (unha nación, un pobo, un líder) e ten como símbolo unha bandeira onde unha especie de
esvástica
fraccionada evoca a súa inspiración nazi, defende ideas antisemitas.
Brasil
- O fascismo está prohibido por orde xurídica, non existindo formalmente ningunha organización declaradamente fascista. Algúns xornalistas indican que o
PRONA
é un partido de cuño fascista - aínda que nada nas súas propostas oficiais e na postura dos seus integrantes demostre isto.
Notas
editar
editar a fonte
En Inglés
Benito Mussolini
Doctrine of Fascism
which was published as part of the entry for
fascismo
in the
Enciclopedia Italiana
1932.
"Labor Charter" (1927-1934)
(en
inglés
Georges Sorel
Theory of Violence
Véxase tamén
editar
editar a fonte
Bibliografía
editar
editar a fonte
En inglés
The United States and Italy
, H. Stuart Hughes, Harvard University Press, Cambridge, MA, 1953.
Liberalism and The Challenge of Fascism, Social Forces in England and France (1815-1870)
, J. Salwyn Schapiro, McGraw-Hill Book Co. Inc., NY, 1949.
The Birth of Fascist Ideology, From Cultural Rebellion to Political Revolution
, Zeev Sternhell with Mario Sznajder and Maia Asheri, trans. David Maisei, Princeton University Press, Princeton, NJ, 1994.
Varieties of Fascism: Doctrines of Revolution in the Twentieth Century
, Eugen Weber. Original edition 1964, reprinted 1982. (Contains chapters on fascist movements in different countries.)
Outros artigos
editar
editar a fonte
Fascio
(uso dende a década de
1890
até a
primeira guerra mundial
O manifesto da loita fascista
George Seldes
, fascismo americano inicial.
Horst Wessel Lied
, unha cantiga alemá que incorpora moito da ideoloxía Fascista.
Nacionalsocialismo
Franquismo
Segunda guerra mundial
Populismo
Relixión secular
Ligazóns externas
editar
editar a fonte
En inglés
The Doctrine of Fascism by Benito Mussolini (complete text)
Fascism Anyone?
Roger Griffin's dissertations on the intellectual make-up of Fascism
Fascism and Zionism - From The Hagshama Department - World Zionist Organization
Fascism Part I - Understanding Fascism and Anti-Semitism
Réximes de forza
Absolutismo
Autocracia
Autoritarismo
Caudillismo
Demagoxia
Despotismo
Ditadura
Fascismo
Militarismo
Nazismo
Tiranía
Totalitarismo
Política
Poderes
Executivo
Lexislativo
Xudicial
Formas de goberno
Monarquía
República
Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo
Presidencialismo
Democracia
Ditadura
Absolutismo
Autoritarismo
Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia
Autocracia
Burocracia
Caciquismo
Cleptocracia
Corporativismo
Corporocracia
Demagoxia
Meritocracia
Minarquía
Oclocracia
Oligarquía
Plutocracia
Sociocracia
Tecnocracia
Teocracia
Caudillismo
Coronelismo
Nepotismo
Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado
Colonia
Confederación
Federación
Imperio
Principado
Protectorado
Reino
República
Conceptos
Activismo
Congreso
Corrupción
Doutrina
Estado
Goberno
Hexemonía
Ideoloxía
Lexislatura
Liberdade
Nación
Partido
Patria
Parlamento
Soberanía
Tiranía
País
Procesos
Eleccións
Golpe de estado
Revolución
Manifestación
Independencia
Referendo
Protesta
Represión
Lobby
Divisións administrativas
Cantón
Comunidade autónoma
Deputación
Municipio
Estado
Provincia
Cargos
Chanceler
Concelleiro
Conselleiro
Deputado
Ditador
Emperador
Ministro
Prefecto
Presidente
Primeiro ministro
Rei
Senador
Disciplinas
Ciencia política
Diplomacia
Filosofía política
Historia política
Metapolítica
Política internacional
Teoría política
Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerda
Dereita
Carlismo
Comunismo
Fascismo
Liberalismo
Neoliberalismo
Populismo
Socialdemocracia
Socialismo
Democracia cristiá
Actitudes
Clientelismo
Chauvinismo
Colectivismo
Colonialismo
Conservadorismo
Desobediencia civil
Elitismo
Imperialismo
Novo Imperialismo
Independentismo
Intervencionismo
Isolacionismo
Nacionalismo
Oposición
Pacifismo
Radicalismo
Tradicionalismo
Pluripartidismo
Bipartidismo
Unipartidismo
Abstención
Amnistía
Desobediencia civil
Disidencia
Multiculturalismo
Control de autoridades
Q6223
AAT
300055523
BNCF
1170
BNE
XX525668
BNF
13318764d
BRE
4706908
EBID
ID
GEA
5508
GEC
0108439
GND
4016494-9
JSTOR
fascism
LCCN
sh85047355
NDL
005629957
NKC
ph120146
PSH
8478
Treccani
fascismo
TV Tropes
Fascism
Identificadores
MeSH
D000074440
MeSH
I01.696.480
UMLS
C0870548
Este artigo
sobre
política
é, polo de agora, só un bosquexo.
Traballa nel
para axudar a contribuír a que a Galipedia
mellore e medre
Existen igualmente outros
artigos relacionados con este tema
nos que tamén podes contribuír.
Obtido de «
Categorías
Fascismo
Período de entreguerras
Anticomunismo
Extrema dereita
Categorías agochadas:
Artigos que toda Wikipedia debería ter (máis de 30 kB)
Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos/Xeografía e historia
Wikipedia:Todos os artigos que requiren referencias
Wikipedia:Artigos que requiren referencias desde novembro de 2016
Wikipedia:Artigos sen notas ao pé
Artigos sen formato wiki
Wikipedia:Páxinas con modelos con argumentos duplicados
Wikipedia:Artigos que requiren referencias desde unha data descoñecida
Wikipedia:Todos os artigos en progreso
Wikipedia:Política en progreso
Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencias sociais)
Fascismo
Nova sección
US