México - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Coord.:
23°N
102°O
23,
-102
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
introdución
deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o
libro de estilo
da Galipedia
Pode axudar a
mellorar este artigo
e outros en
condicións semellantes
As
referencias
deste artigo non teñen un
formato correcto
. Podes colaborar editándoas como se indica
nesta páxina
Pode axudar a
mellorar este artigo
e outros en
condicións semellantes
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
México (homónimos)
México
México
(es)
Mexko
(nah)
Bandeira
Brasón
Himno
Himno Nacional Mexicano
(1943)
Símbolo oficial
Dalia
flor nacional
Aguia real
paxaro nacional
Localización
23°N
102°O
23,
-102
Capital
Cidade de México
Contén a división administrativa
Baixa California
(1952–)
Baixa California Sur
(1974–)
Campeche
../... 32+
Poboación
Poboación
132.274.416
(2024)
(67,06
hab./km²
Lingua oficial
lingua castelá
lingua náhuatl
lingua maia iucateca
Relixión
catolicismo
irrelixión
evanxelicalismo
Testemuñas de Xehová
Xeografía
Parte de
América Latina
América do Norte
MITKA
Superficie
1.972.550 km²
Lonxitude da costa
9.330 km
Bañado por
océano Pacífico
Océano Atlántico
Mar Caribe
Golfo de México
Punto máis alto
Pico de Orizaba
(5.636 m)
Punto máis baixo
Laguna Salada
(pt)
(−10 m)
Comparte fronteira con
Guatemala
Belize
Estados Unidos de América
norte
Datos históricos
Precedido por
República do Iucatã
(pt)
Vicerreinado de Nova España
Primeiro Império Mexicano
(pt)
Restored Republic
(en)
Creación
16 de setembro de 1810
escindido de
España
Declaración de independencia
Q1145411, Q1131780
Evento clave
Cinco de Mayo
(pt)
27 de setembro de 1821
Independencia de México
27 de novembro de 1838
Guerra dos pastéis
(pt)
20 de novembro de 1910
Revolución Mexicana
Día festivo
Independence Day
(en)
16 de setembro
Organización política
Forma de goberno
república federal
república democrática
república constitucional
imperio
(1821–1823)
imperio
(1863–1867)
presidencialismo
Presidenta
Claudia Sheinbaum
(2024–)
Órgano executivo
Governo Federal do México
(pt)
Presidenta
Claudia Sheinbaum
(2024–)
Órgano lexislativo
Congresso da União
(pt)
Máxima autoridade xudicial
Supreme Court of Justice of the Nation
(en)
Membro de
Tratado de non proliferación de armas nucleares
Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños
Organización Hidrográfica Internacional
../... 50+
PIB nominal
1.272.838.810.896 $ (2021)
Moeda
Peso mexicano
Identificador descritivo
Fuso horario
hora estándar do centro
(→
Xalisco
Estado de Veracruz
Oaxaca
Puebla
Estado de Tlaxcala
Michoacán
Estado de Guerrero
Nuevo León
Querétaro
Coahuila de Zaragoza
Estado de Guanajuato
Estado de Aguascalientes
Tamaulipas
Estado de Hidalgo
Iucatán
Campeche
Estado de San Luis Potosí
Estado de Colima
Estado de Durango
Tabasco
Dominio de primeiro nivel
.mx
Prefixo telefónico
+52
Teléfono de emerxencia
911
Código de país
MX
México
(nome oficial:
Estados Unidos Mexicanos
) é un país localizado maioritaria ou totalmente en
América do Norte
(dependendo de onde se trace o límite con
América Central
, ora na fronteira mexicana, ora no
istmo de Tehuantepec
).
Limitado ao norte polos
Estados Unidos de América
, ao leste polo
golfo de México
e polo
mar Caribe
, a través dos cales se acerca a
Cuba
, ao sur por
Guatemala
e mais
Belize
, e ao oeste polo
océano Pacífico
. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as
Illas Revillagigedo
, localizadas no
océano Pacífico
, a máis de 400
km a sur do
cabo San Lucas
, na
Baixa California
Toponimia
editar
editar a fonte
Páxina do
Códice Mendoza
, onde se representa o glifo de México no centro do Anáhuac.
México é unha entidade política que naceu no
século XIX
. Desde a súa conformación como
Estado federal
, o nome oficial do país é
Estados Unidos Mexicanos
, aínda que a
Constitución de 1824
usaba indistintamente as expresións
Nación Mexicana
Estados Unidos Mexicanos
Constitución de 1857
fai oficial o uso do nome
República Mexicana
, pero no texto emprégase tamén a expresión
Estados Unidos Mexicanos
Constitución vixente
, promulgada en
1917
, establece que o nome oficial do país é
Estados Unidos Mexicanos
O xentilicio
mexicano
empregouse na lingua española desde o contacto entre europeos e americanos con diferentes sentidos. Para os españois do século XVI, os mexicanos eran os habitantes de
México-Tenochtitlan
e a súa
lingua
. Durante a
colonia
, algúns
crioulos
e peninsulares aveciñados na
Nova España
usaron o xentilicio para denominarse a si mesmos.
Os líderes da guerra de independencia vacilaron tanto na denominación do país como dos seus habitantes. A partir do
Plan de Iguala
, o país adoptará definitivamente o nome de México e os seus habitantes foron todos mexicanos.
México
é un topónimo de orixe náhuatl cuxo significado é discutido. Deriva do vocábulo
náhuatl
Mēxihco
[me:ʃiʔko]
, que designaba a capital dos
mexicas
. De acordo con
Bernardino de Sahagún
, o vocábulo significaría 'o embigo da lúa',
suxestión que logo fixeron súa
Cecilio Robelo
Alfonso Caso
Gutierre Tibón
e que se popularizou a través dos libros de texto gratuítos. Con todo, esta hipótese non é sustentable porque a morfoloxía do náhuatl non admite unha derivación do topónimo a partir das voces propostas.
nota 1
Clavijero
suxeriu que o topónimo debía interpretarse como '[no] lugar de Mexihtli', é dicir, de
Huitzilopochtli
, pois Mexihtli era un dos seus nomes alternativos. No mesmo texto, Clavijero engade como nota que creu por algún tempo que o vocábulo significaba 'No centro do maguey', pero que a través do coñecemento da historia dos
mexicas
chegou á conclusión de que o topónimo se refire ao deus tutelar dos aztecas.
nota 2
Historia
editar
editar a fonte
Artigo principal
Historia de México
México precolombiano
editar
editar a fonte
Os primeiros achados arqueolóxicos en México teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e a recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres, e de nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias arredor do 2500 a.C.
Entre o 1200 e o 400 a.C. desenvólvese a
escrita
, o calendario e os grandes centros cerimoniais da cultura
olmeca
, localizada na costa do
Golfo de México
, nas actuais
Veracruz
Tabasco
, difundindo unha sociedade xerarquizada noutros pobos de
Mesoamérica
Entre o
400
a.C. e o
200
d.c. produciuse un aumento demográfico e da produción agrícola, desenvolvéronse máis centros urbanos e aumentou o comercio. Destacan neste período
Teotihuacán
Monte Albán
e as cidades estado
maias
como
Palenque
Uxmán
ou
Copán
O colapso das grandes cidades produciuse entre o
650
e o
900
, é un período caracterizado pola inestabilidade política, a mobilidade social, estes cambios acentuáronse dende o
século XI
, cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México, e deron lugar a sociedades militaristas, ao ter que dominar os pobos asentados anteriormente nos territorios nos que se estableceron.
No centro de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a
tolteca
nos séculos X e XII, a
chichimeca
, no XII e a
mexica
no XV
Conquista e colonización española
editar
editar a fonte
Hernán Cortés
, capitán da expedición española, chamado posteriormente capitán xeneral do
Vicerreinado de Nova España
As primeiras expedicións
españolas
á área que agora é México realizounas
Francisco Hernández de Córdoba
en
1517
. En 1518
Juan de Grijalva
explorou o sur de México. Pero foi
Hernán Cortés
en 1519 o que dende a actual
Veracruz
deu comezo á conquista española, obtivo a primeira vitoria militar nas costas de Tabasco e entre o botín de guerra estaba
Malitzin
que lle serviu de intérprete e foi vitar para coñecer as rivalidades entre os pobos mexicanos. Trala conquista de
Texcoclo
por Cortés diversas poboacións indíxenas, como os
zapotecos
aliáronse con el contra os aztecas, e tras unha serie de batallas os españois sitiaron a súa capital
Tenochtitlán
, conquistada en
1521
. Tres factores contribuíron á rápida vitoria española, a superioridade do armamento e a utilización do
cabalo
, a expansión das novas enfermidades que traían os europeos e a axuda doutros pobos indíxenas que vían os aztecas como opresores.
Os conquistadores eran poucos, uns 2.000 arredor de
1530
e 10.000 en
1550
, e o seu avance cara o norte foi lento, pola resistencia dos pobos nómades que alí habitaban, a
guerra do Mixtón
(1540-42) supuxo a conquista do territorio
chichimeca
e o descubrimento das minas de prata de
Zacatecas
(1546).
Cos conquistadores chegaron tamén os evanxelizadores cristiáns, organizouse a
Inquisición
e as fundacións relixiosas multiplicáronse en toda
Nova España
, en 1559 había uns 160 conventos e 800 relixiosos no territorio.
A conquista provocou tamén unha forte diminución da poboación indíxena, consecuencia non só das guerras, senón da expansión de novas enfermidades, os traslados de poboación, traballos obrigatorios para os indíxenas e unha mala alimentación, así a poboación pasou de 25.000.000 en 1519 a 2.600.000 en 1550.
Nos séculos XVII e XVIII houbo un aumento demográfico, ao mesmo tempo en que aparecían poboacións mestizas, mulatas e crioulas. A expansión da minería e a comercialización da agricultura e a gandería reforzaron a economía da colonia. Grandes extensións de terra eran propiedade dos brancos, que tamén dominaban a economía e a política colonial
A independencia
editar
editar a fonte
Logo da invasión de
España
por
Napoleón I
os liberais e conservadores concordan en pedir máis autonomía para Nova España. A guerra de independencia de México comeza o
16 de setembro
de
1810
dirixida por
Miguel Hidalgo
, un sacerdote crioulo e de ideas progresistas. Os sublevados apoderáronse de
San Miguel el Grande
e ao pouco tempo tiñan un exército de 25.000 homes, que en outubro eran xa 80.000. Entre os líderes independentistas sobresaían
José María Morelos
Vicente Guerrero
Agustín de Iturbide
Antonio López de Santa Anna
. A guerra durou once anos ata que os independentistas entraron na cidade de México en
1821
. En agosto dese ano asinouse o
Tratado de Córdoba
en Veracruz entre o vicerrei español,
Juan de O'Donojú
, e Agustín de Iturbide que ratificaba o
Plan de Iguala
En 1821 Iturbide, un antigo xeneral español que cambiara de bando para loitar pola independencia, proclamouse emperador; oficialmente unha medida temporal ata que un membro da realeza europea asumira o posto. En 1823 unha revolta contra Iturbide estableceu a República de México e
Guadalupe Victoria
converteuse no primeiro presidente do país.
O século XIX estivo caracterizado pola inestabilidade política. A figura dominante no segundo cuarto do século foi o ditador Antonio López de Santa Anna. Neste período México perdeu os seus territorios máis ao norte. En 1836 Texas declarouse independente. Entre 1846 e 1848 estalou a guerra mexicano-americana que significou non só a perda dos territorios do norte, senón unha maior intervención norteamericana na política mexicana.
O segundo Imperio,
Maximiliano I de México
En 1855 un presidente moderado,
Ignacio Comonfort
, chega ao poder e en 1857 apróbase a nova constitución, que tentaba unha vía intermedia entre os conservadores e os liberais. Nesta carta magna, a
Igrexa católica
mantén a maioría dos privilexios que tiña dende a época colonial, pero deixa de ser a única da nación. Isto provoca unha dura reacción da igrexa, que excomunga o goberno, e dos conservadores que se rebelan en armas contra o goberno. É a coñecida como
Guerra de Reforma
que dura ata xaneiro de 1861. Trátase unha guerra sanguenta e polariza politicamente ao país, de xeito que boa parte dos moderados únense aos liberais. Durante un tempo hai dous gobernos no país: o conservador na cidade de México e o liberal en Veracruz. A contenda remata coa vitoria dos liberais liderados por
Benito Juárez
En
1864
Maximiliano de Habsburgo
convértese en emperador de México co apoio dos conservadores e dos franceses, interesados en explotar as ricas minas do noroeste do país. Porén, Maximiliano tentou seguir unha política liberal, o que provocou que os conservadores lle retirasen o seu apoio. Maximiliano foi, finalmente, capturado polas forzas leais a Benito Juárez e fusilado en
Cerro de las Campanas
Querétaro
en
1867
. Restableceuse a república e redactouse unha nova constitución que confiscaba as enormes propiedades da Igrexa Católica e establecía a separación de Igrexa e Estado.
En
1876
o xeneral
Porfirio Díaz
rebelouse contra o goberno, co apoio dos conservadores, e mantívose no poder ata 1911, período que se coñece como o porfiriato. Foi un período de relativa prosperidade e paz, pero as condicións das clases máis baixas empeoraron ao desapareceren os "ejidos", as terras que os indios cultivaban de xeito comunal. Estas terras pasaron a engrosar os grandes latifundios. Porén, non se permitía a disidencia política, manténdose no poder un sistema político corrupto baseado na sistemática falsificación do sufraxio electoral.
En 1910 o xa ancián presidente decidiu presentarse para outro mandato. Aínda que pensaba non contar con ningún opositor serio, apareceu
Francisco Madero
, un académico de rica familia que decidiu presentarse. Madero rapidamente obtivo popularidade e Díaz ordenou metelo na prisión. As eleccións foron unha fraude enorme: oficialmente Madero só recibiu uns poucos centos de votos. Isto provocou revoltas populares por todo o país.
A Revolución mexicana
editar
editar a fonte
Pancho Villa e Raúl Madero
O 20 de novembro Madero redactou o coñecido como
Plan de San Luis Potosí
, no que chamaba a loitar contra o goberno ditatorial. Así deu comezo a chamada
Revolución mexicana
. O exército federal foi derrotado polas forzas revolucionarias dirixidas, entre outros, por
Emiliano Zapata
no sur,
Pancho Villa
Pascual Orozco
no norte e
Venustiano Carranza
. Porfirio Díaz dimitiu e marchou ao exilio a
Francia
Porén, cada un dos triunfantes líderes revolucionarios tiñan diferentes obxectivos políticos. Madero negábase a alterar a estrutura económica, o que lle supuxo a perda do apoio campesiño que frustrado se revolveu esixindo a repartición das terras. Consecuentemente, abriuse unha cruenta loita polo polo poder:
Pancho Villa
Emiliano Zapata
foron os líderes populares que encabezaron as revoltas en 1913. Carranza foi nomeado presidente o
5 de febreiro
de
1917
e promulgouse unha nova constitución coa que se encetaba unha vasta reforma agraria. En 1920 Álvaro Obregón converteuse en presidente. Durante o seu mandato, mellorou a educación e déronse pasos para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Obregón contou co apoio de case toda a sociedade mexicana. Só se opuñan a el os terratenentes e o clero máis conservador. Este último levantouse na coñecida como
Guerra Cristera
co obxectivo de loitar contra a separación entre a Igrexa e o Estado.
En 1929 formouse o Partido Nacional Mexicano (máis tarde denominado
Partido Revolucionario Institucional
) para servir ao presidente
Plutarco Elías Calles
. O PNM esparexeu as milicias dos xenerais revolucionarios.
En 1934 o presidente Lázaro Cárdenas del Río, que principou unha política de transformación do país, exiliou en Calles, o último xeneral con ambicións ditatoriais, conseguiu unir as diferentes tendencias no seo do PRI, nacionalizou a industria do pretróleo, deu asilo aos refuxiados da
guerra civil española
e comezou a reforma agraria.
O seu sucesor
Manuel Ávila Camacho
procurou crear un clima máis favorable para o capital internacional polo que reprimiu as folgas, perseguiu os disidentes, e deu volta atrás na reforma agraria.
A oposición política medrou sobre todo dende o masacre de Tlatelolco de 1968 a economía entrou en recesión na década de 1970, o peso desvalorizouse. A crise de 1994 provocou un clima de axitación política e a aparición en
Chiapas
do
Exército Zapatista
, polo que o presidente
Ernesto Zedillo
quedou obigado a reformar a lei electoral e reducir o poder do PRI. Nas eleccións de 2000 venceu
Vicente Fox Quesada
, o candidato do
Partido de Acción Nacional
Política
editar
editar a fonte
Artigo principal
Política de México
México é unha república representativa, democrática e federal, composta por 31
estados
libres e soberanos no que concirne o seu réxime interno e un
Distrito Federal
, sede do Poder Executivo Federal, no cal se encontra a
Cidade de México
constitución
mexicana de
1917
criou unha
república
federal con separación de poderes entre ramos
executivo
lexislativo
xudicial
separados. Historicamente, o executivo é o ramo dominante, co poder investido no
presidente
, que promulga e executa as leis emanadas do
parlamento
, o
congreso federal
, ou
Congreso de la Unión
O Congreso Nacional é bicameral e composto por un
Senado
Cámara de Senadores
) e unha
Cámara de Deputados
Cámara de Diputados
). A reelección consecutiva está prohibida. Os senadores son electos para mandatos de 6 anos, e os deputados por 3 anos. Os ocupantes dos 128 lugares do Senado son escollidos a través dunha mestura de elección directa e de
representación proporcional
. Na Cámara (baixa) dos Deputados, 300 dos 500 deputados son electos directamente en círculos uninominais, e os restantes 200 lugares son electos a través dunha forma modificada de representación proporcional con base en cinco rexións electorais. Estes 200 lugares foron criados para axudar os partidos máis pequenos a ter acceso ao parlamento.
Dereitos humanos
editar
editar a fonte
Artigo principal
Dereitos humanos en México
En materia de
dereitos humanos
, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o
Comité de Dereitos Humanos
(HRC), México firmou ou ratificou:
México
Status dos principais instrumentos internacionais de
dereitos humanos
CESCR
CCPR
CERD
CED
CEDAW
CAT
CRC
MWC
CRPD
CESCR
CESCR-OP
CCPR
CCPR-OP1
CCPR-OP2-DP
CEDAW
CEDAW-OP
CAT
CAT-OP
CRC
CRC-OP-AC
CRC-OP-SC
CRPD
CRPD-OP
10
Pertenza
Firmado e ratificado,
firmado pero non ratificado,
nin firmado nin ratificado,
sen información,
accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
Subdivisións
editar
editar a fonte
Artigo principal
Subdivisións de México
División política de México
Estado
Poboación (2010)
Superficie (km²)
Capital
Estados Unidos Mexicanos
103.088.000
1.959.248
Cidade de México
1.
Aguascalientes
1.184.996
5.625
Aguascalientes
2.
Baixa California
3.155.070
71.546
Mexicali
3.
Baixa California Sur
637.026
73.943
La Paz
4.
Campeche
899.931
57.727
Campeche
5.
Chiapas
4.796.580
73.681
Tuxtla Gutiérrez
6.
Chihuahua
3.406.465
247.487
Chihuahua
7.
Coahuila de Zaragoza
2.742.029
151.571
Saltillo
8.
Colima
650.555
5.627
Colima
9.
Durango
1.632.934
123.367
Victoria de Durango
10.
Guanajuato
5.486.372
30.621
Guanajuato
11.
Guerrero
3.388.768
63.794
Chilpancingo
12.
Hidalgo
2.665.018
20.856
Pachuca de Soto
13.
Xalisco
8.079.782
78.630
Guadalaxara
14.
México
15.175.862
22.333
Toluca
15.
Michoacán
4.351.037
58.667
Morelia
16.
Morelos
1.777.227
4.892
Cuernavaca
17.
Nayarit
1.084.979
27.862
Tepic
18.
Nuevo León
4.653.458
64.203
Monterrey
19.
Oaxaca
3.801.962
93.343
Oaxaca de Juárez
20.
Puebla
5.779.829
34.251
Puebla de Zaragoza
21.
Querétaro
1.827.937
11.658
Santiago de Querétaro
22.
Quintana Roo
1.325.578
42.535
Chetumal
23.
San Luis Potosí
2.585.518
61.165
San Luis Potosí
24.
Sinaloa
2.767.761
57.331
Culiacán Rosales
25.
Sonora
2.662.480
184.946
Hermosillo
26.
Tabasco
2.238.603
24.747
Villahermosa
27.
Tamaulipas
3.268.554
80.148
Ciudad Victoria
28.
Tlaxcala
1.169.936
4.016
Tlaxcala de Xicohténcatl
29.
Veracruz Llave
7.643.194
71.856
Xalapa de Enríquez
30.
Iucatán
1.955.577
39.671
Mérida
31.
Zacatecas
1.490.668
75.416
Zacatecas
32.
Cidade de México
8.851.080
1.479
Xeografía
editar
editar a fonte
Artigo principal
Xeografía de México
Mapa de México
Localizado na parte suroeste do continente
norteamericano
e de forma aproximadamente triangular, México esténdese por máis de 3 000 Km de noroeste a sueste. A súa longura varía entre máis de 2 000
km no norte e menos de 220
km no
istmo de Tehuantepec
, no sur. O México ten litorais en dúas grandes masas de auga: o
océano Pacífico
(co
golfo de California
entre o continente e maila península da
Baixa California
) a occidente e, a oriente, o
golfo de México
e mailo
mar Caribe
, que conduce ao
océano Atlántico
. Nos litorais atópanse planicies costeiras, ao paso que o México central consiste de mesetas elevadas e montañas escarpadas, incluíndo
volcáns
, o máis elevado dos cales é o
Pico de Orizaba
, con 5610 m de altitude.
O terreo e o
clima
varían dos
desertos
do norte á
fraga húmida
tropical no sur. Os principais ríos mexicanos son o
Río Bravo del Norte
(tamén coñecido como Río Grande), o
Grijalva
, o
Balsas
e o
Yaqui
Economía
editar
editar a fonte
Artigo principal
Economía de México
Turismo
editar
editar a fonte
Artigo principal
Turismo en México
turismo
en México é unha actividade económica importante para o país e é unha das maiores no mundo, colocada no oitavo lugar a nivel mundial de chegadas de turistas internacionais, co 21,4 millóns de visitantes en 2006, e o primeiro destino para turistas estranxeiros dentro de
América Latina
11
Turismo de México
Cancún
Quintana Roo
Puebla
Puebla
Chichén Itzá
Iucatán
Cabo San Lucas
Baixa California Sur
Teotihuacán
Estado de México
Creel
Chihuahua
San Miguel de Allende
Guanajuato
Acapulco
Guerrero
Monte Albán
Oaxaca
Cidade de México
Distrito Federal
Tijuana
Baixa California
San Cristóbal de las Casas
Chiapas
Porto Vallarta
Xalisco
El Tajín
Veracruz
Morelia
Michoacán
Demografía
editar
editar a fonte
Artigo principal
Demografía de México
Artigo principal
Inmigración en México
México é o país máis populoso de
lingua española
do mundo e o segundo país máis populoso da
América Latina
, despois do
Brasil
. O país é predominantemente
católico romano
(89%), cun 6% de adhesión a varias fés
protestantes
e os restantes 5% ou a adherir a relixións máis pequenas ou sen relixión.
As diferenzas entre as estimacións oficiais e de organismos privados sobre o número de estranxeiros vivindo en México é significativa. A cifra de estranxeiros residindo en México é de aproximadamente 1,000,000.00, dos cales a maioría (86.9%) proveñen dos Estados Unidos, Guatemala, España, O Salvador, Arxentina e Colombia (agás en Chiapas, onde a maioría dos inmigrantes son de Centroamérica). As entidades federais co maior número de inmigrantes estranxeiros son:
Distrito Federal
(12,1% de total de inmigrantes),
Baixa California
(11,4%),
Xalisco
(9,9%),
Chihuahua
(9%),
Tamaulipas
(7,3%),
Chiapas
(7.2%). Máis do 54% da poboación inmigrante ten menos de 15 anos de idade, e o 9% máis de cincuenta.
Cultura
editar
editar a fonte
Artigo principal
Cultura de México
México e a cultura do
millo
jarabe
mixteco.
A construción da cultura mexicana é o resultado dun proceso histórico que inclúen as relacións de poder, os intercambios pacíficas, a asimilación de elementos culturais exóxenos e reinterpretacións de elementos culturais xa existentes. Como ocorre en todos os países de América Latina, cando o México se tornou libre do dominio español, os seus habitantes non tiñan o que se dá para chamar de
identidade nacional
. Quizais a única cousa que a maioría dos mexicanos compartían no momento da independencia foi ter nado nun territorio de relixión católica. Ademais, os lazos inter-rexionais e comunidade eran escasos e as identidades étnicas estaban profundamente enraizadas.
Asociado ao triunfo da Revolución, novas formas de pensar sobre a identidade nacional. Un dos principais pensadores desta nova fase de reflexión sobre o que é mexicano José Vasconcelos Calderón. Para este avogado, o México era unha especie de "crisol" onde todas as razas se unir. Na construción da cultura e da historia do país contribuíron tanto os europeos como os indíxenas, africanos e os asiáticos. Polo tanto, por definición foron os mexicanos mestizos, culturalmente. Vasconcelos chamou o mestizo da raza cósmica, no que converxen o mellor de todos os pobos do mundo. A súa influencia foi sentido inmediatamente en todo o país a través do traballo da Secretaría de Educación Pública. En 1920-1940, a educación en México, foi usada como un dos mecanismos polos que estender a tese de mestizos de México.
Festivos
editar
editar a fonte
Data
Festa local
1 de xaneiro
Ano Novo
5 de febreiro
Día da Constitución
21 de marzo
Natalicio de
Benito Juárez
1 de maio
Día do Traballo
16 de setembro
Día da
Independencia
20 de novembro
Revolución Mexicana
25 de decembro
Nadal
Deporte
editar
editar a fonte
Artigo principal
México nos Xogos Olímpicos
Deportes tradicionais
editar
editar a fonte
charrería
é considerado un deporte nacional en México.
12
Xogo de
pelota purépecha
en
Michoacán
Adóitase considerar a
charrería
como o
deporte
nacional dos mexicanos.
13
Este
deporte
derivou das tarefas dos caporais nas facendas gandeiras.
14
A súa orixe data da época colonial,
15
e atribúese a
Maximiliano de Habsburgo
a creación do traxe de
charro
na súa forma definitiva.
16
Algúns deportes teñen unha orixe nas culturas prehispánicas de
Mesoamérica
. É o caso da
pelota tarasca
17
pelota purépecha
, a
pelota mixteca
de
Oaxaca
e o
ulama
de
Sinaloa
, todos eles vencellados co antigo
xogo de pelota
practicado polos pobos mesoamericanos.
18
Este xogo de pelota dramatizaba o movemento dos astros no firmamento, e en teoría os seus descendentes actuais tamén o fan; claro está que agora os equipos vencidos non son sacrificados ós deuses. En
Chihuahua
, os
tarahumaras
realizan carreiras rituais chamadas
rarajípara
ariweta
. A primeira é para homes, e é xogada en equipos que se relevan para completar un percorrido de varios quilómetros pola serra pateando unha pequena pelota. A segunda é para mulleres, e elas deben facer o percorrido empurrando un aro.
Aínda que a Secretaría de Educación Pública inclúe o ensino da
educación física
nas escolas ó seu cargo, como fan tamén as instancias estatais encargadas da instrución, o deporte organizado non é unha actividade común entre o pobo. O máis estendido é o
fútbol
, aínda que no norte do país teñen maior presenza o
baloncesto
, o
béisbol
e o
sófbol
, tendo estes dous últimos moi boa aceptación no sur do país. No sur da
Cidade de México
, a práctica afeccionada do
frontón
e a
pelota vasca
é moi importante, e deu lustre ó deporte mexicano a nivel internacional. A
patinaxe artística sobre xeo
e o
hóckey sobre xeo
son deportes practicados pola xuventude mexicana acomodada, amosando un constante crecemento. Outros deportes que gozan de gran popularidade en México son o
voleibol
, que é practicado como un dos deportes básicos a nivel escolar, así como o
fútbol americano
que se practica de xeito organizado en diversas ligas integrantes da
ONEFA
Notas
editar
editar a fonte
Karttunen (1983) sinala que a hipótese de Sahagún non é etimoloxicamente satisfactoria xa que non encaixa nin a cantidade vocálica da /?/ de
x?c-
'embigo', nin o saltillo que precede ao locativo, ademais a derivación presenta unha caída irregular do grupo
-tz-
en
mētz-
Á letra, Clavijero di:
Eu algún tempo crin que o nome verdadeiro era
México
, que quere dicir no centro do maguey ou a pita, ou o aloe mexicano; pero desenganoume o estudo da historia, e agora estou seguro de que
México
é o mesmo que o lugar de
Mexitli
ou
Huitzilopochtli
, é dicir, o Marte dos Mexicanos, por causa do santuario que naquel sitio construiron.
Constitución de los Estados Unidos mexicanos
(1824),
passim
Constitución de la República Mexicana
(1857),
passim
Por exemplo,
Francisco Xavier Clavijero
comeza o seu
Historia antiga de México e da súa conquista
falando do
país do Anáhuac
no primeiro capítulo, pero ao longo del referirase indistintamente ao
territorio mexicano
ou
reino dos mexicanos
a unha ampla porción de Nova España que incluía non só os dominios dos mexicas, senón tamén territorios maias e
purépechas
De
Metzxico
metz(tli)
(lúa),
xic(tli)
(embigo, centro) e
-co
(locativo). Sahagún,
Historia xeral...
Clavijero 1844
, p.
74.
Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos.
"Status by country"
(en
inglés
Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos
. Arquivado dende
o orixinal
o 14 de agosto de 2013.
Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes
(Resolución)
(en
castelán
. Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende
o orixinal
o 7 de marzo de 2013.
Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales
(PDF)
(Resolución)
(en
castelán
. Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende
o orixinal
(PDF)
o 9 de febreiro de 2014.
Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer
(Resolución)
(en
castelán
. Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende
o orixinal
o 7 de marzo de 2013.
Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad
(Resolución)
(en
castelán
. Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende
o orixinal
o 2 de agosto de 2014.
"Turismo en México"
. Arquivado dende
o orixinal
o 12 de setembro de 2019
. Consultado o 11 de setembro de 2017
Federación Mexicana de Charrería.
"Historia de la Charrería"
. Arquivado dende
o orixinal
o 31 de decembro de 2011
. Consultado o 18 de decembro de 2011
Secretaría de Turismo (25 de agosto de 2004).
"Celebración del Día Mundial del Turismo"
. Arquivado dende
o orixinal
o 27 de novembro de 2011
. Consultado o 18 de decembro de 2011
México Maxico.
"La Charrería"
. Arquivado dende
o orixinal
o 05 de xaneiro de 2012
. Consultado o 18 de decembro de 2011
DeCharros.
"Historia de la Charrería"
. Arquivado dende
o orixinal
o 27 de maio de 2011
. Consultado o 18 de decembro de 2011
nuestraedad.com.mx.
"Traje de Charro"
. Arquivado dende
o orixinal
o 26 de maio de 2012
. Consultado o 18 de decembro de 2011
Jorge Arturo Olivares Benítez.
"Pelota Tarasca: Una aportación de Tierra Caliente al deporte mundial"
. Arquivado dende
o orixinal
o 23 de novembro de 2011
. Consultado o 18 de decembro de 2011
Tabasco Hoy (11 de xuño de 2006).
"Juego de pelota lúdico ritual prehispánico"
. Arquivado dende
o orixinal
o 23 de outubro de 2012
. Consultado o 18 de decembro de 2011
Véxase tamén
editar
editar a fonte
Wikimedia Commons
ten máis contidos multimedia na categoría:
México
A Galipedia ten un
portal
sobre:
México
Outros artigos
editar
editar a fonte
Lista de xefes de estado de México
América do Norte
Linguas de México
Inmigración galega en México
Ligazóns externas
editar
editar a fonte
Presidencia da República
(en
castelán
Países e dependencias
de
América
Estados soberanos
Antiga e Barbuda
Arxentina
Bahamas
Barbados
Belize
Bolivia
Brasil
Canadá
Chile
Colombia
Costa Rica
Cuba
Dominica
Ecuador
Estados Unidos
Granada
Guatemala
Güiana
Haití
Honduras
México
Nicaragua
O Salvador
Panamá
Paraguai
Perú
República Dominicana
Saint Kitts e Nevis
San Vicente e as Granadinas
Santa Lucía
Suriname
Trinidad e Tobago
Uruguai
Venezuela
Xamaica
Territorios dependentes
Dinamarca
Groenlandia
Estados Unidos
Illa de Navassa
Illas Virxes Estadounidenses
Porto Rico
Francia
Guadalupe
Güiana Francesa
Illa Clipperton
Martinica
Saint-Barthélemy
San Martiño
Saint-Pierre-et-Miquelon
Países Baixos
Antillas Neerlandesas
Aruba
Bonaire
Curaçao
Saba
Santo Eustaquio
Sint Maarten
Reino Unido
Anguila
Bermudas
Illas Caimán
Illas Malvinas
Illas Virxes Británicas
Montserrat
Turks e Caicos
Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur
Mercado Común do Cono Sur (Mercosur)
Membros
Arxentina
Brasil
Paraguai
Uruguai
Venezuela
Asociados
Bolivia
Chile
Colombia
Ecuador
México
Perú
Control de autoridades
Q96
WorldCat
VIAF
154311247
BIBSYS
90875945
BLBNB
000058508
BNA
000027250
BNCHL
000011286
BNE
XX4575373
BRE
2201540
BVPB:
47610
CiNii
DA02943005
EBID
ID
EGU
152479
FAST
1211700
GEC
0042296
GeoNames
3996063
GeoNLP:
hn9jYo
GiantBomb
3035-249
GND
4039058-5
Google Maps
17105996014592563217
GOV:
object_290357
Gutenberg
3412
HDS
003379
ICCU
BVEV070820
KulturNav
ID
LCCN
n81013960
MusicBrainz
ID
NDL
00567575
NKC
ge128515
NLA
36590136
OBP:
ID
OL
OL4534047A
OSM
114686
Orthodox Encyclopedia:
2562792
PTBNP
646154
SUDOC
026392577
TESF:
mexico
TGN
7005560
Treccani
messico
Identificadores
MeSH
D008800
MeSH
Z01.107.567.589
UMLS
C0025885
Obtido de «
Categoría
México
Categorías agochadas:
Wikipedia:Artigos con tarefas pendentes
Artigos sen formato wiki
Artigos que toda Wikipedia debería ter (máis de 30 kB)
Mapas con varias figuras
Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)
Wikipedia:Páxinas con mapas
México
Nova sección
US