Wikimedista do ano - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikimedista do ano
Instancia de
premio
Composto por
Wikimedista do Ano - Mención de honra
Colaborador de medios do ano
Laureado Wikimedia
Nome orixinal
Wikimedian of the year
(en)
Wikipedian of the year
(en)
Implicados
Concedido por
Jimbo Wales
Gañador/a
2025:
Robert Sim
Datas
Fundación / creación
agosto de 2011
Período de ocorrencia
1 a
Wikidata
C:Commons
Robert Sim
, gañador do ano 2025.
Wikimedista do ano
é un recoñecemento anual que honra aos editores de
Wikipedia
, e doutros proxectos de
Wikimedia
, por teren conseguidos logros importantes dentro do movemento Wikimedia.
O premio foi estabelecido en agosto de
2011
polo fundador de Wikipedia,
Jimmy Wales
quen escolle os premios e hónraos en
Wikimania
, unha conferencia anual da
Fundación Wikimedia
, agás en 2020, 2021 e 2022 cando os destinatarios foron anunciados en reunións en liña por mor da
pandemia de COVID-19
Entre os anos 2011 e 2016 o premio foi nomeado
Wikipedista do ano
Historia
editar
editar a fonte
En 2011, o primeiro título de Wikimedista do ano foille concedido a
Rauan Kenzhekhanuly
, un emprendedor kazako, polo "seu traballo en construír unha sólida Wikipedia en lingua kazaka".
O ano seguinte, foi galardoado un editor de Wikipedia identificado como "Demmy" por crear un bot que traduciu arredor de 15
000 artigos curtos en inglés ao
ioruba
, unha lingua falada en Nixeria.
En 2013
Rémi Mathis
de
Wikimédia France
e da
Wikipedia en francés
foi nomeado polo seu papel nun controvertido artigo, e en 2014, o premio foille concedido postumamente a un activista ucraíno,
Ihor Kostenko
, quen promociouno activamente a
Wikipedia en ucraíno
en redes e páxinas sociais antes de ser asasinado nunha protesta.
Wales nomeou un gañador sen revelar a súa identidade en 2015, e agarda poder contar a súa historia algún día. En 2016, entregouse o primeiro premio de maneira conxunta, sendo outorgado a
Emily Temple-Wood
Rosie Stephenson-Goodknight
polos seus esforzos en combater o acoso en Wikipedia e incrementar a presenza da muller.
Outros gañadores foron
Felix Nartey
Farhad Fatkullin
Emna Mizouni
Sandister Tei
Alén do premio principal,
Susanna Mkrtchyan
e Satdeep Gill foron os primeiros en recibir mencións de honra no ano 2015.
Dende 2015, entregáronse sete mencións de honra. O premio foi ampliado en 2021 con categorías adicionais, incluíndo "Colaborador Multimedia do ano", "Acabado de chegar do ano", "Colaborador técnico do ano" e "Laureado de Wikimedia". En 2024, engadiuse a categoría de Funcionario do Ano.
Lista dos gañadores
editar
editar a fonte
Lista de gañadores do Wikimedista do ano
Ano
Imaxe
Gañador
Proxecto
principal
Motivo
Ref(s)
2011
Rauan Kenzhekhanuly
Wikipedia en kazako
Kenzhekhanuly recrutou unha comunidade estábel para mellorar a Wikipedia en kazako, que nun ano medrou de 4 a máis de 200 editores activos, e de 7
000 a 130
000 artigos. Wales foi criticado polos seus compañeiros wikipedistas por mor das relacións de Kenzhekhanuly co goberno de
Kazakhstán
. Wales declarou en
Reddit
en 2015 que non tiña coñecemento das relacións de Kenzhekhanuly co goberno kazako e dixo que se tivese sabido que Kenzhekhanuly ía converterse en gobernador dunha rexión do seu país, tería "rexeitado darlle o premio".
2012
"Demmy"
Wikipedia en ioruba
Demmy creou un bot para traducir 15
000 artigos curtos en inglés á
lingua ioruba
, unha lingua falada en
Nixeria
2013
Rémi Mathis
Wikipedia en francés
Mathis, presidente de
Wikimédia France
e administrador da Wikipedia en francés, quen recibiu a honra polo seu papel na controversia arredor do artigo
Estación de radio militar de Pierre-sur-Haute
10
11
2014
Ihor Kostenko
Wikipedia en ucraíno
Kostenko, un activista do
Euromaidan
, foi un editor da Wikipedia en ucraíno, a cal promoveu activamente en redes sociais. Foi asasinado durante unha protesta o 20 de febreiro de 2014, e recibiu o premio de maneira póstuma.
12
2015
non revelado
Wales nomeou un editor anónimo
in pectore
, e agarda poder revelar algún día as razóns polas que gañou sen poñer en perigo ao destinatario.
2016
Emily Temple-Wood
Wikipedia en inglés
As primeiras gañadoras conxuntas polos seus esforzos para combater o acoso en Wikipedia e facer medrar a cobertura dos contidos de mulleres. Temple-Wood creou preto de 400 artigos e mellorou centos máis, moitos dos cales tratan sobre
mulleres científicas
e sobre a saúde da comunidade
LGBT
e das mulleres. Stephenson-Goodknight mellorou máis de 3
000 artigos, creou conxuntamente un espazo de benvida a novos contribuidores e cofundou proxectos de extensión para mulleres, incluíndo "WikiWomen's User Group", "WikiProject Women" e a campaña "
Women in Red
".
13
14
Rosie Stephenson-Goodknight
Wikipedia en inglés
2017
Felix Nartey
Wikipedia en inglés
Nartey recibiu o premio pola súa colaboración de contido sobre o seu país de orixe, Ghana, e por liderar varias iniciativas para promover a importancia de editar Wikipedia. Na súa dedicación, Wales mencionou que Nartey desempeñou un papel de liderado na organización da segunda conferencia
Wiki Indaba
2017 en Accra, Ghana, e foi fundamental na construción das comunidades locais en África.
15
2018
Farhad Fatkullin
Wikipedia en tártaro
En 2009, Fatkullin uniuse ao movemento
Wikimedia
. Descríbese a si mesmo como un "namorado da
Wikipedia en tártaro
". Dende 2015, Fatkullin contribuíu en diferentes linguas de
Rusia
, entre elas a
lingua tártara
16
2019
Emna Mizouni
Wikipedia en árabe
En 2013, Mizouni fundou Carthagina xunto con outras persoas. Comezou a contribuír a proxectos Wikimedia en 2013 con
Wiki Loves Monuments
. Axudou a organizar diversas conferencias importantes de Wikimedia, incluíndo a conferencia inaugural WikiArabia, sendo copresidenta do comité de Wikimania 2018. En 2016, uniuse ao Affiliations Committee e en 2018, converteuse na súa vicepresidenta.
17
2020
Sandister Tei
Wikipedia en inglés
Tei contribuíu activamente na creación de artigos en Wikipedia sobre o impacto da
pandemia da COVID-19
en
Ghana
18
2021
Alaa Najjar
Wikipedia en árabe
Foi homenaxeado na conferencia Wikimania 2021, que se celebrou virtualmente, polo seu traballo na Wikipedia en árabe e polo seu traballo para desenvolver proxectos médicos, especialmente o proxecto COVID-19.
19
2022
Olga Paredes
Wikipedia en castelán
Paredes foi homenaxeada na conferencia virtual Wikimania 2022 polo seu liderado en comunidades como Wikimujeres e Wikimedistas de
Bolivia
, e por alentar a outras persoas, especialmente ás mulleres, a facer medrar o movemento Wikimedia.
20
2023
Taufik Rosman
Wikidata
, Wikicionario en malaio
Taufik foi homenaxeado na conferencia Wikimania de 2023 en Singapur polas súas enormes achegas ao Wikicionario en malaio e pola axuda prestada para fomentar unha comunidade positiva de editores de Wikimedia malaisianos.
21
2024
Hannah Clover
Wikipedia en inglés
Clover recolleu as historias de máis de 200 editores a través do seu proxecto "reflexións do editor". Tamén avogou polos novos editores e os que editan en teléfonos intelixentes.
22
2025
Robert Sim
Wikipedia en inglés
Sim céntrase en mellorar o contido relacionado con Singapur na Wikipedia e axudou a lanzar o grupo de usuarios Wikimans of Singapore en 2023. Ese ano, tamén axudou a coordinar a Wikimania 2023 en Singapur.
23
Mencións de honra
editar
editar a fonte
Lista de mencións honoríficas de Wikimedista do ano.
Ano
Imaxe
Gañador
Proxecto
principal
Motivo
Ref(s)
2015
Susanna Mkrtchyan
Wikipedia en armenio
Mkrtchyan é membro da xunta directiva de Wikimedia
Armenia
. Foi galardoada polas súas actividades fóra da wiki, incluíndo "One Armenian – One Article", unha campaña de edición e un proxecto de campamento xuvenil para axudar aos novos editores de Armenia.
Satdeep Gill
Wikipedia en panxabí
(oriental)
Gill é un colaborador hindú Wikipedia en
panxabí
. Foi premiado por animar á xente da súa universidade a editar a Wikipedia en panxabí, converténdoa na Wikipedia en
lingua india
de máis rápido crecemento ese ano.
2016
Mardetanha
Wikipedia en persa
Mardetanha creou a versión en
persa
da "Biblioteca Wikipedia", que axuda aos editores a atopar fontes de artigos. Tres editoriais doaron o acceso da investigación aos seus traballos aos editores.
24
Vassia Atanassova
Wikipedia en búlgaro
Atanassova estabeleceu o reto "#100wikidays", que desafiou aos editores a crear un artigo da Wikipedia ao día durante cen días. Máis de 120 colaboradores uníronse ao concurso e un terzo deles completárono.
2017
Diego Gómez
Estudante colombiano que foi procesado por violación dos dereitos de autor logo de compartir un traballo académico en liña. Posteriormente foi absolto.
25
26
2018
Nahid Sultan
Wikipedia en bengalí
Sultan é un membro activo de
Wikimedia Bangladesh
27
28
Jess Wade
Wikipedia en inglés
Wade é unha
física
que se esfrozou durante un ano para crear artigos na Wikipedia sobre científicas e enxeñeiras que "representen mellor ás mulleres e ás persoas de cor". En febreiro de 2020, escribira máis de 900 artigos novos.
29
30
31
2021
Netha Hussain
Wikipedia en inglés
Wikipedia en malayalam
Netha é unha médico orixinaria da India. Ela proporcionou valiosas achegas ao contido médico en proxectos de Wikimedia, centrando gran parte do seu esforzo durante 2020-21 na cobertura da pandemia de COVID-19. Tamén iniciou o Proxecto "
Vaccine Safety Project
" para abordar a desinformación sobre as vacinas contra a COVID-19.
32
Carmen Alcázar
Wikipedia en castelán
Alcázar foi recoñecida polo seu traballo para reducir o
nesgo de xénero
na Wikipedia en castelán.
33
34
2022
Anna Torres
Wikipedia en castelán
Torres é a directora executiva de Wikimedia Arxentina, mais o seu recoñecemento na categoría de Mencións de Honra é polos seus esforzos por crear unha rede de apoio internacional para facer medrar e construír capacidade para comunidades en toda América Latina, así como polas súas achegas aos procesos de cambio, como a 2030 Wikimedia Movement Strategy.
20
2023
Anton Protsiuk
Wikipedia en ucraíno
Protsiuk é o coordinador de programas en
Wikimedia Ucraína
21
2024
Gu Eun-ae
Wikipedia en coreano
Gu é a directora de Wikimedia Corea, que ela mesma axudou a fundar.
22
2025
Nitesh Gill
Wikipedia en panxabí
Nitesh comezou a editar en 2014 e dende entón foi unha colaboradora clave da Wikipedia en panxabí. Aceptou o reto #100wikidays en 2017, superou os 100 e chegou aos 500 días. O seu traballo foi fundamental para pechar a fenda de xénero: a Wikipedia en panxabí agora ten máis artigos sobre mulleres que calquera outro xénero, en gran parte grazas a ela.
23
Ammarpad
Wikipedia en hausa
Uniuse por primeira vez á comunidade Wikimedia en 2015 a través da Wikipedia en inglés, onde escribiu artigos (especialmente biografías) sobre Nixeria. A medida que foi gañando experiencia, centrouse en mellorar a calidade do contido relacionado con Nixeria nunha ampla gama de temas. É cofundador e dirixiu a
Wikimedia Hausa
. Foi xestor de proxectos da campaña
Wikipedia Pages Wanting Photos
en 2022 e 2023. Ademais da edición, Ammarpad leva uns cinco anos traballando no soporte do software que impulsa todos os proxectos de Wikimedia: MediaWiki. Fixo máis de 900 cambios de software e revisou centos doutros.
23
Acabado de chegar do ano
editar
editar a fonte
O premio ao Acabado de chegar do ano foi presentado por primeira vez en 2021.
Lista de galardoados co premio Acabado de chegar do ano
Ano
Imaxe
Gañador
Proxecto
principal
Motivo
Ref(s)
2021
Carma Citrawati
WikiPustaka
Citrawati, que comezou a editar a versión
balinesa da Wikipedia
en 2019, tivo un papel fundamental no desenvolvemento dunha versión balinesa de
Wikisource
chamada WikiPustaka grazas aos seus valentes esforzos para dirixir un equipo responsable da dixitalización e tradución de antigos escritos balineses que orixinalmente estaban escritos en follas de palmeira.
35
2022
Nkem Osuigwe
Cunha conta que comezou en 2019, a doutora Nkem Osuigwe axudou a iniciar unha asociación con institucións de información e bibliotecas africanas en 2020, traballando cunha rede profesional existente para xerar máis de 27.000 edicións e sumando.
20
2023
Eugene Ormandy
Wikipedia en xaponés
Ormandy creou dous grupos de usuarios de Wikimedia: a Comunidade Estudantil Wikipediana na Universidade Waseda de Toquio e o Club Wikipediano Toumon do Xapón. É o primeiro galardoado do Xapón.
21
2024
Comunidade
wayuu
(Leonardi Fernández)
Wikipedia en wayuu
Os wayuu son un grupo indíxena da
Península de La Guajira
en Colombia e Venezuela. Fernández axudou a estabelecer o grupo de usuarios wikimedistas wayuu e a Wikipedia en lingua wayuu en 2023.
22
2025
Konan N’Da N’Dri (Usario:Dadrik)
Wikipedia en francés
Membro activo de
Wikimedia Côte d'Ivoire
, Dadrik contribúe á Wikipedia francesa como patrullador e comparte a súa paixón pola astrofísica como adestrador.
23
Laureado Wikimedia (anteriormente homenaxeado polo 20º aniversario)
editar
editar a fonte
O premio polo 20º aniversario foi entregado por primeira vez en 2021. En 2022, o premio pasou a chamarse como Laureado Wikimedia.
36
Lista de gañadores do premio
Ano
Imaxe
Gañador
Proxecto
principal
Motivo
Ref(s)
2021
Lodewijk Gelauff
Wiki Loves Monuments
Arquivado
21 de novembro de 2020 en
Wayback Machine
Lodewijk é un prolífico colaborador, mentor de moitos wikimedistas e voluntario de moitos grupos e esforzos comunitarios. É un dos iniciadores de Wiki Loves Monuments, o concurso fotográfico anual da Wikipedia arredor do patrimonio cultural, e lidera este proxecto durante unha década.
37
38
2022
Andrew Lih
Andrew é un experto en Wikipedia de renome internacional, autor, profesor, activista de GLAM e colaborador de Wikimedia desde hai moito tempo. O seu traballo inspirou a individuos e grupos no movemento Wikimedia, especialmente en Norteamérica e na rexión ESEAP.
20
Deror Lin
Wikipedia en hebreo
Wikimania
Deror é un prolífico colaborador que se remonta á fundación da Wikipedia. Escribiu máis do 2% de toda a Wikipedia en hebreo. Participou en moitos desafíos de 100 wikidays, especialmente para a Wikipedia en hebreo, e achegou milleiras de imaxes. Tamén foi un organizador clave de varias Wikimanias.
20
2023
Siobhan Leachman
WikiProxecto Nova Zelandia
Leachman mellorou o contido sobre a biodiversidade de Nova Zelandia e as mulleres notables en Wikipedia, Wikidata e Wikimedia Commons.
21
2024
Martin Rulsch (DerHexer)
DerHexer é o administrador máis veterano de Wikimedia, tendo este cargo dende 2007; tamén é administrador de
Wikipedia en inglés
Meta-Wiki
Wikimedia Commons
22
2025
Anne Clin (Usuario:Risker)
Wikipedia en inglés
Risker é unha administradora da Wikipedia en inglés dende hai moito tempo e membro do Comité de Arbitraxe dúas veces que desempeñou numerosos papeis clave no mundo no movemento Wikimedia.
23
Colaborador Tecnolóxico do ano (anteriormente Innovador Tecnolóxico)
editar
editar a fonte
O premio Innovador Tecnolóxico presentouse por primeira vez en 2021. A distinción pasou a chamarse Colaborador Tecnolóxico do ano en 2022.
Lista de gañadores do Colaborador Tecnolóxico do ano
Ano
Imaxe
Gañador
Proxecto
principal
Motivo
Ref(s)
2021
Jay Prakash
Desenvolvemento e soporte informático e de software
Prakash contribuíu en varios proxectos técnicos dentro da Wikipedia, dende proporcionar soporte técnico a través de Indic-TechCom ata desenvolver IndicOCR, unha ferramenta que amplía as capacidades de GoogleOCR para varias linguas indias. Jimmy Wales dixo: "As importantes contribucións de Jay axudaron a mellorar MediaWiki, o software fundamental que sustenta todos os proxectos. Ademais dos seus logros técnicos, é un firme defensor da comunidade técnica e personifica a xenerosidade e a natureza colaborativa do noso movemento".
39
2022
Taavi Väänänen
Taavi foi un colaborador voluntario fundamental dos Servizos na nube de Wikimedia, incluíndo Toolforge e Cloud VPS, pezas clave de infraestrutura que permiten aos membros da comunidade albergar os seus bots, ferramentas e outros proxectos de software relacionados coa Wikimedia. Tamén axuda a manter a extensión CentralAuth MediaWiki, que permite aos usuarios utilizar unha única conta de usuario en todos os sitios públicos de Wikimedia.
20
2023
Zabe
Zabe é recoñecido por "axudar con implementacións, correccións de erros e incidentes en xeral, e, en particular,... por manter os códigos Checkuser e CentralAuth, por apoiar a revisión da migración de refactor da base de datos de comentarios e polo traballo técnico detrás da creación de novos wikis. ".
21
2024
Siddharth VP
Siddharth contribuíu a Twinkle, unha ferramenta de edición, e a MediaWiki, o software de bases de datos no que se basea a Wikipedia. Ademais, desenvolveu os seus propios scripts de usuario e bots. Está moi orgulloso do seu traballo na interface de envío de borradores.
22
2025
Egbe Eugene (Usuario:Eugene233)
Desenvolvemento de ferramentas Wikimedia
Eugene axudou a construír a capacidade técnica do movemento Wikimedia en toda África e desempeñou un papel fundamental na formación, no desenvolvemento de ferramentas e na creación da
ferramenta ISA
23
Colaborador Multimedia do ano (anteriormente Rich Media)
editar
editar a fonte
O premio Rich Media presentouse por primeira vez en 2021. A distinción pasou a chamarse Colaborador Multimedia do ano en 2022.
Listas de gañadores do premio Colaborador Multimedia do ano
Ano
Imaxe
Gañador
Proxecto
principal
Motivo
Ref(s)
2021
Ananya Mondal
Wikimedia Commons
Mondal lanzou o proxecto Wiki Loves Butterfly en 2016.
39
40
2022
Annie Rauwerda
Depths of Wikipedia
Annie utiliza medios creativos nas redes sociais para difundir os proxectos de Wikimedia e as comunidades que os impulsan. Ela comezou a conta
Depths of Wikipedia
que ten agora máis de 1,5 millóns de seguidores en Instagram, Twitter e TikTok.
20
2023
Pax Ahimsa Gethen
Wikipedia en inglés
Wikimedia Commons
Gethen carga fotografías a Wikimedia Commons, centradas na
cultura LGBT
, e é un participante activo nos estudos LGBT do WikiProcecto da Wikipedia en inglés.
41
21
2024
Yılmaz Caner Özyayıkçı
Wikipedia en turco
Özyayıkçı axuda a deseñar gráficos para varias conferencias de Wikimedia. Tamén é cofundador de Wikimedia Japan-Türkiye Friendship.
22
2025
Vera de Kok
Wikimedia Commons
Wikidata
De Kok é unha fotógrafa e programadora que cargou máis de 85.000 ficheiros a Wikimedia Commons. Destes, 7.500 son creacións orixinais súas, que apareceron en 134 edicións lingüísticas diferentes da Wikipedia.
42
43
Wikimedia Affiliate Spotlight
editar
editar a fonte
O Wikimedia Affiliate Spotlight foi presentado por primeira vez en 2022.
Art+Feminism
Wikimedia UK
foron recoñecidos polo Comité de Afiliación de Wikimedia (AffCom) nas categorías de Asociacións e Gobernanza, respectivamente.
44
Funcionario do ano
editar
editar a fonte
O premio Funcionario do ano presentouse por vez primeira en 2024 recoñecer os wikimedistas que traballan entre bastidores para "garantir a seguridade, o bo funcionamento e a sustentabilidade dos proxectos Wikimedia".
22
List of Functionary of the Year award recipients
Ano
Imaxe
Gañador
Proxecto principal
Motivo
Ref(s)
2024
Motorko, Vira
Vira Motorko
Wikipedia en ucraíno
Motorko é administradora da Wikipedia ucraína, onde axuda con tarefas menores, como traducir a interface e dar formato ás páxinas.
22
2025
Mateusz Kopeć
(Usuario:AramilFeraxa)
Wikipedia en polaco
Actualiza a columna "Sabías que?" (Czy wiesz) da Wikipedia en polaco todos os días e actúa como administrador de Wikimedia.
23
Notas
editar
editar a fonte
Morris, Kevin (26 de abril de 2013). The Daily Dot, ed.
"Winners of Wikipedia's biggest award still haven't received prize money"
. Arquivado dende
o orixinal
o 18 de maio de 2020
. Consultado o 24 de xuño de 2016
Kyiv Post, ed. (14 de setembro de 2014).
"Ukraine Today: Ihor Kostenko given posthumous annual award (VIDEO)"
. Arquivado dende
o orixinal
o 18 de maio de 2020
. Consultado o 24 de xuño de 2016
Stulen, Catherine (21 de febreiro de 2014).
"Если что-то случится, скажи, что я ее люблю"
ВЕСТИ
(en ruso)
. Arquivado dende
o orixinal
o 18 de maio de 2020
. Consultado o 18 de maio de 2020
"Emily Temple-Wood macht Wikipedia weiblicher"
Geo
(en alemán)
. Arquivado dende
o orixinal
o 28 de maio de 2020
. Consultado o 28 de maio de 2020
Zahneis, Megan (19 de xullo de 2018).
"Some Colleges Cautiously Embrace Wikipedia"
Chronicle
. Arquivado dende
o orixinal
o 28 de maio de 2020
. Consultado o 28 de maio de 2020
"Վիքիպեդիայի հիմնադրի անակնկալը Սուսաննա Մկրտչյանին"
MediaMax
(en armenio)
. 29 de xullo de 2015. Arquivado dende
o orixinal
o 28 de maio de 2020
. Consultado o 28 de maio de 2020
Sutherland, Joe (31 de xullo de 2015). Wikimedia Foundation, ed.
"2015 Wikipedians of the Year unveiled in Mexico"
. Arquivado dende
o orixinal
o 25 de decembro de 2018
. Consultado o 24 de xuño de 2016
Michel, Casey G. (2 de abril de 2015).
"Wikipedia Founder Distances Himself from Kazakhstan PR Machine"
EURASIANET.org
. Consultado o 6 de setembro de 2020
Orlowski, Andrew (22 de decembro de 2014). The Register, ed.
"What's Jimmy Wales going to do with $500k from the UAE?"
. Arquivado dende
o orixinal
o 03 de xuño de 2016
. Consultado o 24 de xuño de 2016
"Rémi Mathis"
École nationale des chartes
(en francés)
. 19 de decembro de 2016. Arquivado dende
o orixinal
o 29 de xuño de 2020
. Consultado o 29 de xuño de 2020
Geuss, Megan (6 de abril de 2013).
"Wikipedia editor allegedly forced by French intelligence to delete "classified" entry"
Ars Technica
. Arquivado dende
o orixinal
o 08 de abril de 2013
. Consultado o 28 de maio de 2020
Savchuk, Iryna (15 de agosto de 2014). Kyiv Post, ed.
"Ukrainian from the Heavenly Hundred becomes Wikipedian of the Year"
. Arquivado dende
o orixinal
o 18 de maio de 2020
. Consultado o 20 de maio de 2017
Gordon, Maggie (9 de novembro de 2017).
"Wikipedia editing marathons add women's voices to online resource"
Houston Chronicle
. Arquivado dende
o orixinal
o 16 de agosto de 2018
. Consultado o 28 de maio de 2020
D’Alterio, Emily (12 de marzo de 2019).
"Women in culture and tech: Rosie Stephenson-Goodknight, academic, Wikipedian and champion of 'impractical' girls"
Europeana Pro
. Arquivado dende
o orixinal
o 28 de maio de 2020
. Consultado o 28 de maio de 2020
Ofori-Boateng, Pamela (29 de agosto de 2017).
"Felix Nartey named Wikimedian of the Year 2017!"
Classic Ghana
. Arquivado dende
o orixinal
o 20 de decembro de 2017
. Consultado o 28 de maio de 2020
"Татарстанец Фархад Фаткуллин стал"
Tatar-inform
(en ruso)
. Arquivado dende
o orixinal
o 29-06-2020
. Consultado o 7 de xuño de 2020
Nadiya, Jennene (17 de outubro de 2019).
"Emna Mizouni, première femme arabe à obtenir le prix "Wikimédienne de l'année
Tunisie Haut Debit
(en francés)
. Arquivado dende
o orixinal
o 28 de maio de 2020
. Consultado o 28 de maio de 2020
Quist, Ebenezer (16 de outubro de 2020).
Yen.com.gh
, ed.
"Ghanaian lady awarded by Wikipedia as its worldwide best worker for 2020"
(en
inglés
. Arquivado dende
o orixinal
o 09 de novembro de 2020
. Consultado o 9 de novembro de 2020
"Arab medical professional Alaa Najjar honoured by Wikipedia for Covid-19 coverage"
The National
. Consultado o
2021-08-17
Foundation, Wikimedia (2022-08-14).
"Celebrating the 2022 Wikimedians of the Year!"
Diff
(en
inglés
. Consultado o
2022-08-14
Foundation, Wikimedia (2023-08-16).
"Celebrating the 2023 Wikimedian of the Year Winners"
Diff
(en
inglés
. Consultado o
2023-08-16
Wikimedia (2024-08-07).
"Meet the Wikimedians of the Year 2024"
Diff
(en
inglés
. Consultado o
2024-08-07
Wikimedia (2025-08-06).
"Meet the Wikimedians of the Year 2025"
Diff
(en
inglés
. Consultado o
2025-08-06
Erhart, Ed (24 de xuño de 2016).
"Jimmy Wales names Emily Temple-Wood and Rosie Stephenson-Goodknight as Wikipedians of the Year"
Diff
Wikimedia Foundation
Arquivado
dende o orixinal o 3 de xullo de 2016
. Consultado o 24 de xuño de 2016
Harmon, Elliot (21 de decembro de 2017).
"Diego Gómez Is Safe, but Threats to Curiosity Still Abound"
. Electronic Frontier Foundation.
Arquivado
dende o orixinal o 29 de xuño de 2020
. Consultado o 7 de xuño de 2020
Wikimania 2017 Closing Ceremony
(en
inglés
. Wikimedia Foundation. 17 de agosto de 2017. Escena en 17:30.
Arquivado
dende o orixinal o 29 de xuño de 2020
. Consultado o 7 de xuño de 2020
vía YouTube.
Koebler, Jason (27 de abril de 2016).
"Wikipedia's Piracy Police Are Ruining the Developing World's Internet Experience"
Vice
Arquivado
dende o orixinal o 29 de xuño de 2020
. Consultado o 7 de xuño de 2020
Elsharbaty, Samir (26 de xullo de 2018).
"Farhad Fatkullin named Wikimedian of the Year for 2018"
Diff
. Wikimedia Foundation.
Arquivado
dende o orixinal o 29 de xuño de 2020
. Consultado o 7 de xuño de 2020
"Una scienziata al giorno"
PressReader
. 12 de agosto de 2018.
Arquivado
dende o orixinal o 29 de xuño de 2020
. Consultado o 29 de xuño de 2020
Evans, Jocelyn (11 de febreiro de 2020).
"Physicist writes 900 Wikipedia entries to boost diversity in science"
ITV News
Arquivado
dende o orixinal o 27 de maio de 2020
. Consultado o 27 de maio de 2020
Devlin, Hannah (24 de xullo de 2018).
"Academic writes 270 Wikipedia pages in a year to get female scientists noticed"
The Guardian
ISSN
0261-3077
Arquivado
dende o orixinal o 29 de xuño de 2020
. Consultado o 7 de xuño de 2020
Foundation, Wikimedia (2021-08-15).
"Meet Netha Hussain: Wikimedian of the Year 2021 Honourable Mention winner"
Diff
(en
inglés
Arquivado
dende o orixinal o 2021-08-15
. Consultado o
2021-08-15
Foundation, Wikimedia (2021-08-15).
"Meet Carmen Alcázar: Wikimedian of the Year 2021 Honourable Mention winner"
Diff
(en
inglés
Arquivado
dende o orixinal o 2021-08-15
. Consultado o
2021-08-15
Riquelme, Rodrigo (2021-08-15).
"Una mexicana gana mención honorífica en los premios al Wikimedista del 2021"
A Mexican woman wins honorable mention in the 2021 Wikimedista Awards
El Economista
(en
castelán
Arquivado
dende o orixinal o 2021-10-19
. Consultado o
2021-08-17
Foundation, Wikimedia (2021-08-15).
"Meet Carma Citrawati: Wikimedian of the Year 2021 Newcomer of the Year winner"
Diff
(en
inglés
Arquivado
dende o orixinal o 2021-08-15
. Consultado o
2021-11-16
Pourzaki, Mehrdad (18 de xullo de 2022).
"Who will be the 2022 Wikimedian of the Year?"
. Wikimedia Foundation
. Consultado o 12 de agosto de 2022
Meet the 2021 Wikimedians of the year
Interview with Lodewijk Gelauff
Sharma, Unnati (2021-08-17).
"3 Indians win Wikimedia awards for helping provide free, accessible knowledge on the internet"
ThePrint
(en
inglés
. Consultado o
2021-08-17
"Meet Ananya Mondal: Wikimedian of the Year 2021 Rich Media winner"
diff.wikimedia.org
. 15 de agosto de 2021
. Consultado o 18 de agosto de 2021
Odom, J.L. (30 de agosto de 2023).
"Trans identity of Wikimedia awardee steers their work"
Bay Area Reporter
"Instagram: Wikimedia Foundation"
www.instagram.com
. Consultado o
2025-08-07
"Meet the Wikimedians of the Year 2025"
Wikimedia Diff
(en
inglés
. 2025-08-06
. Consultado o
2025-08-09
Foundation, Wikimedia (2022-08-14).
"Celebrating the 2022 Wikimedians of the Year!"
Diff
(en
inglés
. Consultado o
2023-08-16
Véxase tamén
editar
editar a fonte
Wikimedia Commons
ten máis contidos multimedia na categoría:
Wikimedista do ano
Obtido de «
Categorías
Wikimedia
Premios
Categorías agochadas:
Artigos de calidade
Wikipedia:Páxinas con modelos con argumentos duplicados
Wikimedista do ano
Nova sección
US