Esta é a sección de axuda da Taberna

Novas
publicar

Políticas
publicar

Técnica
publicar

Propostas
publicar

Esta sección úsase para pedir axuda aos demais usuarios.

Comezar un novo fío de conversa


Imaxes
publicar

Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25


Boas, a ver se alguén pode botar un ollo en Orange S.A.. Foi traducida dunha páxina que se chamaba Orange, pero deixei esa para desambiguación e agora non sei conectar a páxina da telefonía ás Wikipedias de outras linguas.

Recibo a mensaxe: formato non correcto para as referencias. Cambieino varia veces pero o erro continúa. ¿Alguén me pode axudar? —o anterior comentario sen asinar foi feito por GETEVO (conversacontribucións) 13 de xaneiro de 2021 ás 17:11‎

@GETEVO: no artigo Secundino Iglesias Ortigueira as referencias non son válidas. "Galiciana" en xeral non é unha referencia; tería que indicarse a publicación, a data, o título do artigo, etc. Algo similar pasa coa busca "Siorty" no arquivo da BNE, pois dá resultados moi diversos e mesmo erróneos: habería que indicar concretamente artigos, publicacións e datas. As referencias válidas serían as 3, 5 e 6, pois fan referencia a publicacións concretas de días concretos.
Doutra banda, a imaxe File:Siorty.png debe ser borrada porque non ten unha licenza axeitada. A fotografía ten copyright, e deben pasar 80 anos da morte da persoa que sacou a foto para que pase ao dominio público. Quen tomou a foto, e cando?
Agardo que comprendas cales son os problemas, para poder solucionalos entre todos e todas :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de xaneiro de 2021 ás 17:22 (UTC)Responder

Ola. Por favor, que alguén borre este elemento de Wikidata que é erróneo: Aureolus (d:Q105478897). Metinme nun xardín e iso foi o que quedou. Grazas. --MAGHOI (conversa) 13 de febreiro de 2021 ás 17:12 (UTC)Responder

Igualmente no artigo Aureolus, hai que cambiar o Wikidata: Aureolus (d:Q1248130) por Aureolus (d:Q312910). Grazas de novo.--MAGHOI (conversa) 13 de febreiro de 2021 ás 17:26 (UTC)Responder
Ola, @MAGHOI:. En Wikidata, indo a d:Q105478897, seleccionando nas lapelas superiores, podes facer dúas cousas "Solicitar o borrado" ou "Fusionar con". Neste caso dálle a "Solicitar o borrado" e listo, mais coido que o ten que facer alguén cos botóns de administrador/a en Wikidata, e creo que das colaboradoras habituais da Galipedia non os ten ninguén. Se é que detectas duplicados, podes facer a fusión ti mesmo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de febreiro de 2021 ás 18:49 (UTC)Responder
@MAGHOI: as lapelas que che indica Estevo(aei) hai que configuralas nas preferencias de Wikidata. Acabo de marcalo para borrado. Non ten problema ningún, este tipo de elementos totalmente orfos acaban sendo limpados por un bot. Outra cousa máis interesante é o que che comentaba Estevo, cando hai duplicados, polo que é interesante que nas preferencias de wikidata actives a opción "Merge" de cara ao futuro. Está en trebellos>Wikidata-centric-- a primeira opción. O botón de solicitude de borrado está no mesmo sitio, no posto 11, chámase "RequestDeletion". Tes instrucións de como proceder no caso das fusiónsacó. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 13 de febreiro de 2021 ás 18:59 (UTC)Responder
@Estevoaei:, @Maria zaos: Grazas aos dous.--MAGHOI (conversa) 13 de febreiro de 2021 ás 19:33 (UTC)Responder

Hai categorías de modelos e hai modelos de categoría. Pero na páxina Categoría:Modelos están todas un pouco revoltas, hai artigos que falan de modelos (de moda) e similares e outras que son modelos de uso na Wikipedia. Conseguín remediar o asunto en parte, pero algunha queda que se me resiste. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 2 de marzo de 2021 ás 18:34 (UTC).Responder

Ola @Xoacas:. Efectivamente, temos unha categoría para páxinas do espazo de nomes principal, artigos de persoas que traballan de modelos (Categoría:Modelos), e outra onde deben estar as páxinas do espazo de nomes Modelo, de traballo interno da Wiki na que están os modelos (templates na en.wiki, plantillas nas es.wiki), que son páxinas creadas para ser incluídas noutras páxinas. Esta última chámase Categoría:Wikipedia:Modelos. Algunhas páxinas que deberían estar na segunda categoría estaban indebidamente na primeira. Xa está amañado (hai que agardar a que refresque a caché). Porén, lembra, aos modelos non se lle pon categoría na propia páxina senón na páxina de documentación que é unha subpáxina que ten o formato Modelo:oquesexa/uso. Por exemplo, para poñerlle categoría a {{Ficha de partícula}} hai que facelo en Modelo:Ficha de partícula/uso.
Por outra banda, vexo que estas a facer un feixe de categorías novas. Non esquezas ligalas coas correspondentes noutras linguas en Wikidata, por exemplo así . --. HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2021 ás 21:31 (UTC)Responder
Moitas grazas, @HombreDHojalata:.Xoacas(ti si que es lindo, ho) 3 de marzo de 2021 ás 19:36 (UTC)Responder
Boas,
  1. podíades crear unha categoría Categoría:Wikipedia:Modelos de fórmulas de matemáticas?. Acho que sería bon ter un sitio onde ver as que existen, para non duplicar e para collelas como modelo cando se queira criar unha nova.
  2. Onde se meten os parámetros do módelo. Criei 2 páxinas de uso de Mvar e de Tmath, nunha usei templatedata e na outra non usei nada, mais as dúas están a funcionar e non sei cal é o correcto. Tratei de ver como se fai en "ficha de partícula" e só atopei unha descrición en uso que parece descrición e non definición. Non dou atopado onde ten a definición
Graciñas, Andresv.63 (conversa) 27 de febreiro de 2024 ás 06:41 (UTC)Responder

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Xa existe Categoría:Marcadores matemáticos (d:Q6454087). --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2024 ás 09:28 (UTC)Responder

@HombreDHojalata Boas, metín 5 modelos para matemáticas e lles poño as categorías:
Categoría:Marcadores_de_funcións_matemáticas
Categoría:Marcadores matemáticos
Visito esas categorías e non aparecen. Teño que dar algún paso máis para que aparezan nesa lista?
Nas páxinas están funcionando perfeitamente.
Graciñas Andresv.63 (conversa) 3 de marzo de 2024 ás 10:47 (UTC)Responder

Ola @Andresv.63:.

Igual é cousa de agardar a que se refresque a caché.

Aproveito para recomendarche a lectura de: Axuda:Como editar unha páxina.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 3 de marzo de 2024 ás 12:11 (UTC)Responder

boas, outra vez @HombreDHojalata
Resulta que metendo modelos de funcións matemáticas hai 2 cousas que non acabo de completar:
  1. As que son de uso (tipo https://gl.wikipedia.org/wiki/Modelo:Mset/uso)   non me deixa incluíla nas linguas existentes, e si q vexo que noutras linguas aparecen.
  2. As que son de tipo principal do modelo(tipo https://gl.wikipedia.org/wiki/Modelo:Math ) A. nalgunhas delas non me aparece a ligazón a súa categoría, digo na mesma páxina que provén do uso, na categoría xe sei que debo esperar á caché, mais digo na propia páxina ao final de todo. B. Só na páxina do modelo Math os datos de uso que aparecen son unha versión vella e non aparece a nova que está moito máis explicada, o resto de modelo si que me está incluíndo o /uso perfeitamente.
Un saúdo e graciñas
Andrés Andresv.63 (conversa) 4 de marzo de 2024 ás 19:53 (UTC)Responder

Ola @Andresv.63:. Non sei se entendo ben o que dis. Con todo, penso que o problema segue a ser o mesmo, a caché.

Fai favor, situado en Modelo:Math, dalle a "Máis ↓" e despois a "Purgar a caché", a ver se así ... --. HombreDHojalata.conversa 4 de marzo de 2024 ás 21:13 (UTC)Responder

@HombreDHojalata Boas, seguen sen se ver os módelos que creei, foron uns 20 (entre modelos e usos) e só aparecen 4. Como exemplo Modelo:Intmath e Modelo:Intmath/uso.
En Uso fago "purgar" e nada. Na páxina de Marcadores_de_formato_matemático fato as dúas formas na páxina inglesa que me enviaches para purgar: 1. dar a publicar sen tocar nada. 2. chamar á páxina con "?action=purgar". E nada.
Se tens outra ideia, avisa. E se non, a ver se polo menos podes purgala ti para ver se a podo ver eu.
Graciñas Andresv.63 (conversa) 5 de abril de 2024 ás 13:10 (UTC)Responder
Boas @HombreDHojalata, vin que estiveches tentando organizar os modelos de matematicas, teño varias cuestións e necesito unha categoría nova dentro da categoría de matemeticas:
0. Necesito unha categoría nova dentro da categoría de matemeticas "Teoría da orde". Se sigo a facer páxinas vou necesitar máis categorías e subcategorías de matemáticas. Podo facelas eu? a quen llelas teño que pedir?
  1. Non me convence que moveses o modelo:Abs a modelo:Absolute value. Sempre se usan abreviaturas: mod en vez de módulo, int en vez de integral, sqrt en vez de square root. Á parte de ser máis cómodo o nome abreviado.
  2. No modelo Mathworld/Uso escribino mal co W en pequeno e xa o amañaches e puxeches unha redirección cara o correcto. Porqué non marcar o incorrecto para eliminar?
  3. O modelo:Imaxe o mudaches a modelo:Image frame. Cal é o motivo? se sei o motivo fareino ben a próxima vez e non darei traballo.
Graciñas outra vez. Andresv.63 (conversa) 6 de abril de 2024 ás 09:41 (UTC)Responder

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Se che parece, prosigo o fío en Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Matemáticas. --. HombreDHojalata.conversa 6 de abril de 2024 ás 10:43 (UTC)Responder

@HombreDHojalata Ok.
Andresv.63 (conversa) 6 de abril de 2024 ás 10:45 (UTC)Responder
@HombreDHojalata efectivamente! non sabía q tiña acceso a limpar caché desde a miña páxina, graciñas outra vez
Andresv.63 (conversa) 4 de marzo de 2024 ás 22:30 (UTC)Responder
@HombreDHojalata Boas de novo. Estamos usando mal a categoría de marcadores.
Categoría:Marcadores de funcións matemáticas debe ser para funcións
por exemplo os que xa había (como mod) porque devolve un valor ,
non escribe o que tu escribes senón o resultado da función. Por exemplo: mod|15|4 escrebe 3, porque 3 é igual a 15 módulo 4.
As que eu metín son "formatos de fórmulas" non funcións, escriben o símbolo que necesitas non o resultado.
En inglés as primeiras van en: en:Category:Mathematical function templates
E as segundas van en: en:Category:Mathematical formatting templates
As primeiras son funcións e as segundas son formatos.
Por tanto estaría ben que alguén crease esa nova categoría e xa vou entrando eu nos formato/uso e modificando a categoría.
un saúdo
Andresv.63 (conversa) 5 de marzo de 2024 ás 23:24 (UTC)Responder

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── @Andresv.63: Feito! Feito!: en:Category:Mathematical formatting templates -> gl:Categoría:Marcadores de formato matemático. --. HombreDHojalata.conversa 7 de marzo de 2024 ás 21:24 (UTC)Responder

@HombreDHojalata estupendo! xa modifiquei os que eu metín. Agora vai mellor organizado.
Graciñas Andresv.63 (conversa) 8 de marzo de 2024 ás 00:24 (UTC)Responder
en:Wikipedia:FAQ/Categorization#Why might a category list not be up to date? --. HombreDHojalata.conversa 17 de marzo de 2024 ás 18:53 (UTC)Responder

Boas. Estou editando e aportando información nun artigo da Galipedia. O asunto é que dito artigo correspóndese á miña persoa como escritor, e ten o nome do mesmo (o meu) cambiado. Se ben é certo que hai unha chea de anos, era o nome que usaba, a día de hoxe todos os meus libros están asinados co meu verdadeiro nome. Como non estou rexistrado na Galipedia é algo que non podo mudar. Alguén me pode axudar? Grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.61.15.31 (conversacontribucións) -

Creo que isto o solucionou xa HombreDHojalata no propio día. De non ser así, en primeiro lugar mil desculpas polo retraso. Como é posible que a ip a que podería dirixirme mudou, deixo aquí a mensaxe. Premendo aquí podes escribirme un correo electrónico e revisamos a entrada da que falabas na túa mensaxe. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 16 de abril de 2021 ás 23:41 (UTC)Responder

Contidos traídos por Maria zaos (conversa) 13 de maio de 2021 ás 09:23 (UTC)Responder

Bo día, estaba vendo como crear a redirección de física a físico, física e procurei a que fixera de matemática a matemático, matemática (que fixera como matemática (oficio)) e non a atopei. Cal é a forma correcta de redireccionar? Lles (conversa) 12 de maio de 2021 ás 12:00 (UTC)Responder

Non entendo a túa pregunta, @Lles. A que creaches existe. O que non é posible é crear redireccións dobres. Hai un bot que arranxa automaticamente o lío de redireccións cando se duplican por despiste, non sei se pode ser o caso que pasou. @Banjo ou @Elisardojm penso que poden velo mellor. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 12 de maio de 2021 ás 18:19 (UTC)Responder
Creo que xa sei de onde vén a confusión. Creaches dúas: matemáticas (oficio) e matemática (oficio). Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 12 de maio de 2021 ás 18:26 (UTC)Responder
E iso é o correcto?, replícoo no caso das físicas? Un saúdo, Lles (conversa) 12 de maio de 2021 ás 19:01 (UTC)Responder
Existe Matemáticas (oficio), Matemática (oficio) e Matemático, todas ligando a Matemático, matemática, creo que non se perdeu nada Lles... Se é correcto? Supoño que si, facilita o acceso ó artigo, e ese é o obxectivo das redireccións... Como recomendación, nas consultas, engadide as ligazón ós artigos, a min polo menos facilítame moito o traballo porque vou a tiro fixo a onde está o problema... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de maio de 2021 ás 19:14 (UTC)Responder
Sinceramente eu creo que neste caso o ideal para a navegación é o caso que indicaba Lles, este Físico (homónimos) ademais de distinguir entre área de coñecemento e ocupación (eu persoalmente non creo que sexa moi preciso o de oficio, pero é o de menos agora) tamén permite incluír os adxectivos que non teñen que ver con persoas e a ligazón ao galidicionario. Sen a opción de homónimos non sei ata que punto estamos a seguir o propósitos de facilitar a navegación e evitar as duplicacións que teñen por finalidade as redireccións. Un saúdo Maria zaos (conversa) 12 de maio de 2021 ás 20:20 (UTC)Responder
Pois como mellor vexades, non estou moi esperto hoxe. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de maio de 2021 ás 21:46 (UTC)Responder
Boas, non sei se o fixen do mellor modo, enredeime bastante, deixei unha páxina Física (homónimos) e as páxinas física (profesión), físicos e físicas que ligan a físico, física. Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 07:56 (UTC)Responder
Boas, espero pola vosa opinión antes de cambiar Música a Música (homónimos) e logo crear Música (profesión) e Música (arte). Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 08:39 (UTC)Responder

Non, "música" non debe trasladarse a "música (homónimos)". Véxase Wikipedia:Homónimospolítica oficial #Tema primario. --. HombreDHojalata.conversa 13 de maio de 2021 ás 08:50 (UTC)Responder

Amais, este non é un tema para tratar no Taboleiro dos Administradores. Non é competencia dos administradores decidir sobre estes temas. Véxase Wikipedia:Administradorespolítica oficial. --. HombreDHojalata.conversa 13 de maio de 2021 ás 08:52 (UTC)Responder
Tes razón, @HombreDHojalata, vou mover esta conversa á taberna, Axuda: aviso a @Elisardojm @Lles . Por outra banda si, certamente, tema primario. Non o acababa de ver claro, grazas pola aclaración. Saúdos.- Maria zaos (conversa) 13 de maio de 2021 ás 09:05 (UTC)Responder
As redireccións que atopei que entran en conflito cun artigo principal son Política, Física, Matemáticas e Música. Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 12:42 (UTC)Responder

Polo mesmo motivo que expresei antes, @Lles, "física" nunca debeu moverse a "física (ciencia)". O movemento debe desfacerse.

Antes de andar movendo unha páxina, non está de máis ver cantas páxinas ligan con ela (neste caso máis dun milleiro: Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/Física).

Vexo, tamén, que estás facendo redireccións desde plurais (conto 69 dende o 26 de abril), cousa que non facemos na Galipedia. Hai que marcalas todas para borrado rápido. --. HombreDHojalata.conversa 13 de maio de 2021 ás 17:48 (UTC)Responder

Boas, para min tampouco teñen sentido, fíxenas porque están no texto da votación Wikipedia:A Taberna (políticas)#Títulos das profesións , non foi por idea miña. Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 18:04 (UTC)Responder
Boas, non logro desfacer o movemento. Marquei como lixo Física (homónimos), supoño que terei que esperar a ese borrado para desfacer o movemento de Física (ciencia) a Física. Un saúdo, Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 18:16 (UTC)Responder
Feito! Movido de volta a Física. --Atobar (conversa comigo) 13 de maio de 2021 ás 19:07 (UTC)Responder

ola, bo día a todos!! Veredes, estiven ollando os modelos que temos para o uso en políticos e atopeime que temos dous, Modelo:Político e Modelo:Infpolitico, e hai unha petición de fusión dos artigos. Gustariame saber se alguen me puidera axudar neste traballo, acabo de comezar fai 2 días e estaseme a complicar algo. Tamén gustariame ampliar a información que se pode incluír nestes modelos.
Agradezo a vosa axuda de antemán.
Saudos.
--Metiawr85 (conversa) 30 de xuño de 2021 ás 09:15 (UTC)Responder

Teño problemas con dúas referencias na páxina de Jessie Burton. Lles (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 13:25 (UTC)Responder

Feito! Feito! Por favor, Lles, como xa che indiquei na túa páxina de conversa para o artigo de Casandra, utiliza o modelo {{traducido de}. Por outra banda, é importante que revises as referencias cando traias texto doutras wikipedias para traducir. É tan só entrar nos urls, comprobar se funcionan, se son o que deberían ser (ou sexa, se apoian o texto que acompañan) e encher os campos do modelo da cita que poidan faltar. Facendo isto a posibilidade de que xurdan problemas como os que che pasaron é moito menor. Na política de verificabilidade da Wikipedia en galego explicítase que

A obriga de prover fontes acreditadas recae sobre o editor que engade ou recupera o material

que eu entendo que neste caso serías ti. Un saúdo é a seguir!--Maria zaos (conversa) 8 de setembro de 2021 ás 15:36 (UTC)Responder

Gustaríame que alguén fixese o favor de revisar un modelo recentemente creado. O modelo funciona ben excepto nun detalle. Trátase do Modelo:Infobox chromosome, traducido de Template:Infobox chromosome da wikipedia inglesa. O que non funciona é a ligazón que pon Lista de xenes do parámetro UniProt desta caixa. Envía a "page not found", cando o modelo da wikipedia inglesa envía a unha páxina txt que mostra os datos. Os dous modelos son idénticos (a non ser que modificase eu algo sen decatarme), polo que non sei por que ocorre esta diferenza. O modelo useino polo momento nas páxinas cromosoma 1, cromosoma 2 e cromosoma 3, onde se pode ver o problema que sinalo. Grazas. --Miguelferig (conversa) 22 de setembro de 2021 ás 12:07 (UTC)Responder

Boas, Miguelferig. Acabo de ver que a páxina da erro porque á ligazón lle falta un 0 antes do 3: ten que ser https://www.uniprot.org/docs/humchr03.txt e non https://www.uniprot.org/docs/humchr3.txt. O que non atopo é o erro no modelo. --Chairego apc (conversa) 22 de setembro de 2021 ás 12:16 (UTC)Responder
Creo que só hai que poñer o 0 antes do número en cuestión na propia páxina do artigo, no apartado chr. Agora si que funciona. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 22 de setembro de 2021 ás 14:10 (UTC)Responder
Si, xa funciona. Moitas grazas. Pois eu creo que non modificara nada do modelo orixinal, pero polo visto faltaba iso.--Miguelferig (conversa) 22 de setembro de 2021 ás 15:10 (UTC)Responder
Acabo de ver que agora funciona o de UniProt, pero o de NCBI e outros deixaron de funcionar (por exemplo en cromosoma 5). Parece ser que uns parámetros toman o número do cromosoma como 01, 02, 03... e outros como 1, 2, 3...--Miguelferig (conversa) 22 de setembro de 2021 ás 17:17 (UTC)Responder

Na páxina da espirulina utilicei o modelo Valor nutricional para unha táboa e dá varios erros do tipo Erro de expresión: Descoñécese o signo de puntuación "," . Non sei a que se pode deber. Se alguén que entenda lle pode botar unha ollada quédolle agradecido.--Miguelferig (conversa) 15 de xaneiro de 2022 ás 19:27 (UTC)Responder

Creo que xa o conseguín aranxar, pero só aparentemente. Era cuestión de puntos e comas para as cifras da táboa, que xa sabemos que en inglés os puntos son as comas (dos decimais) e as comas os puntos (dos miles). O que fixen foi poñer puntos en vez de comas en todas os parámetros que me daban erro. Nos demais que non daba erro parece que aceptaba as comas sen problemas. Agora xa non aparecen as mensaxes de erro, pero algunhas cifras quedan con comas e outras con puntos, o que non é correcto. A lectura das cifras agora é ambigua e non se sabe se son miles ou se son decimais.--Miguelferig (conversa) 15 de xaneiro de 2022 ás 19:36 (UTC)Responder

Remata de facerse público que, de novo, o Ministerio toma como única denominación Ría de Ribadeo, descartando ría del Eo. Solicito axuda porque dende hai tempo houbo que vandalizou páxinas relacionadas sen ser restituídas, e segue a chamarse só polo nome de ría del Eo non só en Asturaino, senón tamén, por exemplo, en Cataán, tendo aberta unha categoría en Commons, unha entidade en Wikidata, etc. Comecei a facer hoxe algunha modificación, pero vexo que é mellor que as faigades quen saiba facelo mellor ca min (a máis de que poidan necesitarse privilexios nalgún dos casos). O documento liberado polo ministerio está en varios lugares; colgueino en pdf en Commons aquí: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Resoluci%C3%B3n_del_Ministerio_de_Transportes_-_24_de_Mayo_de_2022.pdf . Saúdos e grazas! --Agremon(contacto) 27 de maio de 2022 ás 20:15 (UTC)Responder

No novo artigo que traducín hai pouco (Rick Riordan) hai varios erros. Non obstante, o que máis me inqueda é o feito de que non o traducín así: non lle puxerara ningunha imaxe e hai cousas que se traduciron aparentemente soas. Ademais, algún títulos non están en inglés, aínda que non estean traducidos ó galego. Alguén pódeme dicir que pasou aí? Grazas. Gaescribe (conversa) 29 de xuño de 2022 ás 11:40 (UTC)Responder

Ola, @Gaescribe:. A foto vén tomada de Wikidata a través do Modelo:Biografía; os títulos e o formato están con problemas porque o tradutor que empregaches non está desenvolvido ao cento por cento, e cómpre revisar a tradución de forma manual. Ademais, o tradutor non sabe o que ten que traducir e o que non (non sabe se o texto é o título dun libro). Anímote a mellorar o artigo dándolle o formato axeitado e facendo as correccións pertinentes. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de xuño de 2022 ás 12:08 (UTC)Responder
Moitas grazas, tentarei melloralo. Era simplemente que me parecera que ao publicar a tradución o artigo cambiara un pouco, xa que non recordo deixar os nomes dos libros en galego. Gaescribe (conversa) 29 de xuño de 2022 ás 12:14 (UTC)Responder

Ola tiña unha pregunta sobre traducir nomes propios. Eu según o que teño entendido que é máis correcto é deixar os nomes (pese a que estean en castelá) coma están; ou sexa, por exemplo se alguén se chama "Jose María" non podés traducir "Jose" a "Xose".

Tamén coas preposicións; se unha parroquia chámase "Nuestra Señora de los Remedios" non podemos por "Nuestra señora dos Remedios", verdade? Pregunto porque teño esa duda e creo haber visto a xente haber traducido os nomes. Mantéñome á espera. Un saúdo. Tisment (conversa) 1 de novembro de 2022 ás 00:02 (UTC)Responder

Por cuestions que sería longo explicar agora, fai tempo que me metín na lea de facer un programa que fose quen de extraer o texto limpo dos artigos da Galipedia, conseguino (mais ou menos) e aquí está o resultado: <https://github.com/llorenzo62/Galipedia-extractor>. Como efecto secundario, o programa pode proporcionar moita información da propia Galipedia, por exemplo, do "dump" do 20221120 obteño:

  • O "dump" contén 386308 páxinas
  • Consigo extraer 150261 artigos (páxinas con contido de texto significativo)

Respecto dos usuarios que firman algún artigo:

  • Total number of users: 1205
  • Most active users (75.0% of #articles):

User                              #articles    %articles

------------------------------------------------------------

InternetArchiveBot                   26643     17.731%

Breogan2008                          23128     15.392%

BanjoBot 2.0                         11982      7.974%

Breobot                               9267      6.167%

Corribot                              8926      5.940%

HombreDHojalata                       6854      4.561%

Chairego apc                          6073      4.042%

Estevoaei                             6034      4.016%

Zaosbot                               5428      3.612%

Xanetas                               2843      1.892%

Xas                                   2626      1.748%

Alfonso Márquez                       1962      1.306%

MAGHOI                                1851      1.232%


* Respecto dos bots (supoñendo que se o nome contén "bot" é un bot)

Total number of bots: 20

Total articles: 64574,  42.975%

User name           nº articles     %articles

InternetArchiveBot       26643         17.731

BanjoBot 2.0             11982         7.974

Breobot                  9267         6.167

Corribot                 8926         5.94

Zaosbot                  5428         3.612

Chairebot                1221         0.813

Aosbot                   819         0.545

Addbot                   131         0.087

BotDHojalata             70         0.047

EmausBot                 32         0.021

Escarbot                 11         0.007

Xqbot                    11         0.007

KLBot2                   10         0.007

Texvc2LaTeXBot           9         0.006

BanjoBot                 7         0.005

MGA73bot                 2         0.001

Prebot                   2         0.001

TohaomgBot               1         0.001

Hector Bottai            1         0.001

Jembot                   1         0.001


*Respecto dos contribuíntes humanos:

Total number of human contributors: 1185

Users which accounts for 75.0 % of human articles

User name                     nº articles     %articles

Breogan2008                   23128         15.392

HombreDHojalata               6854         4.561

Chairego apc                  6073         4.042

Estevoaei                     6034         4.016

Xanetas                       2843         1.892

Xas                           2626         1.748

Alfonso Márquez               1962         1.306

MAGHOI                        1851         1.232

Miguelferig                   1728         1.15

RubenWGA                      1640         1.091

Beninho                       1497         0.996

Vitoriaogando                 1323         0.88

Moedagalega                   1148         0.764

Elisardojm                    1086         0.723

Jglamela                      1040         0.692

Xosema                        982         0.654

HacheDous=0                   960         0.639

Maria zaos                    917         0.61


* Respecto das categorías:

Total number of categories used: 69849

Category                                          nº articles     %articles

Personalidades de Galicia sen imaxes                                       5065         3.371

Filmes en lingua inglesa                                                   3203         2.132

Filmes dos Estados Unidos de América                                       2730         1.817

Topónimos galegos con etimoloxía                                           1594         1.061

Escritores de Galicia en lingua galega                                     1427         0.95

Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela                          1371         0.912

Nados en ano descoñecido                                                   1366         0.909

Personalidades sen imaxes                                                  1085         0.722

Escritores de Galicia en lingua castelá                                    1074         0.715

Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos           994         0.662

Xogadores de baloncesto da NBA                                             970         0.646

Nados na Coruña                                                            968         0.644

Alcaldes de Galicia durante a democracia                                   855         0.569

Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América                      814         0.542

Nados en Vigo                                                              811         0.54

Nados en Madrid                                                            799         0.532


* Respecto dos artigos mais e menos valiosos (segundo un criterio longo de explicar nestas breves liñas, pero que se aclara na ligazón de mais arriba):

   - Menor valor:

   Portal:Aviación/Efemérides destacadas/1 de agosto

   Portal:Música rock/Efemérides destacadas/31 de marzo

   82

   1085

   Portal:Música rock/Efemérides destacadas/10 de decembro

   -Maior valor:

   Xoana de Arco

   Historia de Serbia

   Holocausto

   Ciencia

   Historia dos eslavos do sur

E así, unha análise moi superficial. Teño que recoñecer que carezo de suficiente coñecemento específico sobre a Wikipedia para facer unha análise realmente interesante.

E con esto chegamos a desvelar a verdadeira natureza de este mensaxe: Un pedido de axuda para facer o tal análise que teña algún interese.

Como proxecto teño tamén a intención de incorporar un modelo lingüístico (spacy) que lle daría moita mais profundidade Louriñan (conversa) 14 de decembro de 2022 ás 11:20 (UTC)Responder

Ola, @Louriñan:; sen saber en que consiste o proxecto é un pouco difícil axudar. Non obstante, quizais che sirvan estes links, que relacionan os datos extraídos:
-Segundo a Lista de Wikipedias, a día de hoxe a Galipedia ten 482 778 páxinas e 192 081 artigos;
-Para os usuarios e usuarias máis activas, poden serche de utilidade Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios por número de edicións e mais Wikipedia:Estatísticas/Lista de usuarios por número de edicións (bots incluídos);
-Respecto ás categorías: Wikipedia:Categorías;
-Respecto ao de artigos "máis valiosos" (?) pode serche útil Especial:Páxinas longas.

Vin que ao creares a túa conta de usuario non activaches a posibilidade de poñerse en contacto contigo a través de correo electrónico. Se o prefires, para desenvolver este tema podes escribirme a adrian.estevez.iglesias@gmail.com Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de decembro de 2022 ás 11:52 (UTC)Responder

Na páxina nomeada Xosé Luís Rei Muñiz, o segundo apelido está errado; o correcto é Núñez. No contido da páxina xa o teño correxido (e xustificada a corrección) mais non son quen de correxilo no nome da páxina ¿alguén tería a amabilidade de facelo? Moitas grazas. Otnop Leunam (conversa) 22 de decembro de 2022 ás 09:58 (UTC)Responder

Boas, pasoume algo ben curioso. Fixen unha tradución dunha páxina en portugués da directora Manuela Serra, mais cando fun rexistrar a tradución, non aparece a páxina orixinal en portugués. Por outra banda, aparece ligada a unha páxina en español doutra Manuela Serra, neurocientífica e, ao poñerlle biografía, tamén aparecen os datos de Manuela Serra, neurocientífica. Alguén sabe como resolver isto? Saúdos, Lles (conversa) 7 de xaneiro de 2023 ás 22:29 (UTC)Responder

Desculpade a petición de axuda, ocorréuseme como resolvelo. Lles (conversa) 7 de xaneiro de 2023 ás 22:38 (UTC)Responder

Boas, pregunto esto aquí por que alí é posible que non me sepan responder. Estiven mirando e non existe unha categoría similar ao que en Galicia coñecemos como: "campo da festa". Gustaríame creala porque existen bastantes fotos relacionadas co tema, pero claro alí o 99% das categorías están en inglés e buscar un termo neste idioma no me convence, "party field" ? (Sóname raro...) Alguén ten unha suxerencia mellor? Créoa en galego? Gracias. Jorjum (conversa) 31 de maio de 2023 ás 20:46 (UTC)Responder

Ola, @Jorjum: Para o artigo campo da feira existe a categoría correspondente en Commons commons:Category:Fairgrounds in Galicia (Spain), pero efectivamente o artigo campo da festa non ten correspondencia. Se cadra podería crearse unha categoría nova dentro de c:Category:Recreative areas in Galicia (Spain), e podería chamarse "Partygrounds in Galicia (Spain) ou "Verbenafairs in Galicia (Spain)". Como o ves? Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 31 de maio de 2023 ás 21:52 (UTC)Responder
Gracias pola resposta. A verdad é que a primera, partygrounds, pareceme moi acertada. Quizá tire por ahí. Agradecido! Jorjum (conversa) 31 de maio de 2023 ás 21:57 (UTC)Responder

Boas de novo. Descubrín que tampouco existe unha categoría en Commons para as bateas. Xa existen as categorías Batea (unha población) e Bateas (unhas pezas de madeira) polo que debería utilizar un añadido entre paréntesis. Ocórresenme varias:

  • Batea (marine structure)
  • Batea (mussel farm)
  • Batea (wooden structure)

Non me decido por ningunha. ¿Opinións ao respecto? Gracias. Jorjum (conversa) 22 de xuño de 2023 ás 09:29 (UTC)Responder

Ola, @Jorjum:. Eu diría que o xenérico Commons:Category:Batea (structure) sería guai; como o ves? --Estevo(aei)fálame aquí 22 de xuño de 2023 ás 09:35 (UTC)Responder
Pois sí. Tes razón, é maís simple. Gracias. Jorjum (conversa) 22 de xuño de 2023 ás 09:42 (UTC)Responder

Ola.

Acabo de crear unha conta para inserir a biografía completa de D. Manuel Cordo Boullosa, un insigne empresario de orixe galega, e non me deixa gardar os cambios por ser un novo usuario e facer demasiadas alteracións no artigo orixinal que era moi breve ¿Podedes axudarme?

Gracias. Abraiator (conversa) 29 de agosto de 2023 ás 10:54 (UTC)Responder

Probablemente @HombreDHojalata e @MAGHOI lembraran que falei hai unhas semanas sobre cal debería ser o xentilicio que tíñamos que usar para referirnos aos residentes de Astaná. O caso é que, os da RAG confirmáronme que na lingua orixinal a pronuncia de Astaná é aguda e o xentilicio recomendado era astanense.

O problema é que está información achegáronme nun email; e como referencio eu iso? Non o teño claro e por iso pido axuda (porque tampoco achegaron ningunha fonte pública; só dixeron que o Seminario de Onomástica recomendaba "astanense").

Saúdiños. Tisment (conversa) 21 de outubro de 2023 ás 15:20 (UTC)Responder

Ola. @Tisment. Tal como o vexo eu, seguimos nas mesmas; con máis certeza, pero igual. Por iso, porque non vexo como se referencia. Supoño que haberá que esperar a que se publique. Porr certo, como fixeches para que te contestasen? Eu, téñolles preguntado un par de consultas e non houbo resposta ningunha. Saúdos MAGHOI (conversa) 21 de outubro de 2023 ás 20:09 (UTC)Responder
Na páxina do dicionario da RAG hai un apartado de "contacto" (correo: secretaria@academia.gal). Escribínlles e transferíronme a miña solicitude ao departamento de Onomástica e foi onte ás 7 cando me responderon. Tisment (conversa) 21 de outubro de 2023 ás 21:38 (UTC)Responder
@Tisment Grazas. A ver se teño máis sorte noutra ocasión. Eu fíxeno a través de Lexicografía e non hai maneira. Saúdos. MAGHOI (conversa) 22 de outubro de 2023 ás 09:46 (UTC)Responder
En relación a isto agora que o leo detidamente, achegaron unha páxina web na que a pronuncia orixinal de "Astana" era aguda, malia seguían escribindo "Astana" e, según a normativa de toponimia, escríbese coma en é en galego, non segundo a pronuncia orixinal así que...
Busquei no dicionario a ver se puxeron o xentilicio e tampouco, malia agora co penso vou buscar no seu dicionario de xentilicios.
Saúdos. Tisment (conversa) 22 de outubro de 2023 ás 11:18 (UTC)Responder

@Atobar e Estevoaei: etc. Teño unha cuestión fina, sobre ortografía.

Cando unha cifra vai sucedida polo símbolo "%". Leva espazo no medio, ou non leva? (47,6% ou 47,6 %)? --. HombreDHojalata.conversa 26 de outubro de 2023 ás 17:35 (UTC)Responder

Ola, HombreDHojalata. Atopei unha norma da Real Academia Española de la Lengua que di que hai que usar espazo (ver ), pero iso é referido ao castelán. Tamén se usa espazo na tipografía francesa. Non sei se en galego será diferente, ao mellor saben Atobar ou Estevoaei. En inglés non hai consenso ao respecto (ver ), pero no libro de estilo da wikipedia en inglés recoméndase usalo sen espazo e na maioría das guías de estilo tamén. Porén, o Sistema Internacional de Unidades, de uso en ciencias, di que "un espazo separa o número do símbolo %" (ver ). Os estándares do ISO 31-0 e DIN 5008 tamén especifican un espazo. Eu persoalmente uso o espazo en todos os textos de carácter científico porque está así establecido polas autoridades do Sistema Internacional de Unidades, as cales tamén establecen unha separación entre un número e a súa unidade, é dicir, 3 metros é 3 m e non 3m. Seguirei buscando, porque tamén me interesa moito a min.--Miguelferig (conversa) 26 de outubro de 2023 ás 22:28 (UTC)Responder
Ola, HombreDHojalata. Desculpa, non vira a túa mensaxe até agora. Respondeu, ben respondido, Miguelferig. Só podo engadir que no Libro de estilo da Editorial Hugin e Munin (e creo que tamén no doutras editoriais galegas, pero tería que comprobalo, falo de memoria) si lle aplicamos o espazo intermedio á maneira do que marca a RAE para o castelán. No entanto, se non me engano, no seu momento non atoparamos nada a nivel RAG no que apoialo. Sexa como for, hei de miralo ben nos próximos días. Logo, un pouco para ilustrar a situación xeral, vexo na información derivada de Sobre a calidade da lingua (UdC, 2012) que nos exemplos dados alternan o símbolo da porcentaxe con (p. 33) e sen (pp. 69, 91) o espazo previo. Heino mirar, como digo, en manuais e libros en papel, pero neste momento non os teño comigo, que estou fóra. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 29 de outubro de 2023 ás 19:17 (UTC)Responder
Ola, HombreDHojalata e demais usuarios. Coméntame o sempre informado Manuel Arca Castro que na guía Na universidade, en galego sen dúbida si suxiren o uso dese espazo: "as porcentaxes separadas do símbolo cun espazo". Tamén me remite ao Manual de estilo do DOG, onde se di: "As medidas de temperaturas, distancias, porcentaxes etc. seguidas dun símbolo ou calquera cantidade seguida dunha abreviatura van separadas por un espazo fixo do símbolo da unidade de medida que se utilice. Os graos dun ángulo e de alcohol non van separados por espazo, pero si os graos centígrados". Con isto, coido que queda suficientemente aclarado, mesmo non sei se non conviría incorporalo, talvez co enunciado reformulado moi levemente, ao Libro de estilo desta Wikipedia. Iso xa queda da man de quen queira traballo. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 7 de novembro de 2023 ás 09:30 (UTC)Responder

Observei que as categorías baleiras relativas á Universidade de Santander en España probablemente se refiran á Universidade de Cantabria fundada como Universidade de Santander en 1972, ver aquí. Debo marcalas con Modelo:Redirección de categoría ou Modelo: Lixo?

TSventon (conversa) 18 de novembro de 2023 ás 01:50 (UTC)Responder

OK Marcadas as baleiras para borrado. Grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 19 de novembro de 2023 ás 20:47 (UTC)Responder
HombreDHojalata e MAGHOI, grazas pola túa axuda. Eu non falo galego así que estou tendo coidado. É posible engadir notas a categorías como "Profesores da Universidade de Wrocław e da súa predecesora a Universidade de Breslau ou Breslavia" a Categoría:Profesores da Universidade de Wrocław? TSventon (conversa) 20 de novembro de 2023 ás 15:45 (UTC)Responder
Ademais, hai algún lugar para pedir para mover as categorías a un nome mellor? Por exemplo, o Eton College é unha escola, non unha universidade, así que suxiro mudarse
TSventon (conversa) 20 de novembro de 2023 ás 19:25 (UTC)Responder

Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2023 ás 21:00 (UTC)Responder

Grazas HombreDHojalata, teño unha suxestión máis. O Trinity College Dublin é o único colexio da Universidade de Dublín, polo que os profesores e antigos alumnos son clasificados polo colexio e non pola universidade. Creei categorías similares para University College Dublin e movín algúns artigos mal categorizados. Suxiro mudarse
TSventon (conversa) 21 de novembro de 2023 ás 02:38 (UTC)Responder
MAGHOI, podes axudar coas categorías da Universidade de Dublín? TSventon (conversa) 21 de novembro de 2023 ás 15:11 (UTC)Responder
Feito! Feito! Grazas MAGHOI (conversa) 21 de novembro de 2023 ás 16:25 (UTC)Responder
MAGHOI, grazas, creo que foi a miña última consulta polo momento. TSventon (conversa) 21 de novembro de 2023 ás 23:57 (UTC)Responder
Grazas a ti pola axuda. MAGHOI (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 08:51 (UTC)Responder

Fago unha pregunta para ver se alguén sabe por que sae en moitas referencias un aviso de pmid incorrecto ou pmc incorrecto a pesar de que o pmid ou pmc aparece na referencia e a súa ligazón leva perfectamente á referencia correcta. Por exemplo, esta é unha referencia da páxina Asgard (arqueas), na cal se premedes no número do PMID veredes que funciona correctamente e é o PMID indicado no artigo de referencia, pero sae o aviso de "pmid incorrecto": [1] Miguelferig (conversa) 24 de novembro de 2023 ás 19:24 (UTC)Responder

Ola, @Miguelferig. Pois é moi raro, porque efectivamente non o admite nin tampouco cando se enchen tódolos campos de publicación periódica individualmente. Porén, como me picaba a curiosiade, a única solución que atopei foi a de copiar a "Cite" que aparece na parte da dereita do artigo en PUBMED. Facendo iso, polo que sexa, non dá erro. Pódelo comprobar na referencia número 40 , que veño de modificar. Saúdos. MAGHOI (conversa) 25 de novembro de 2023 ás 11:45 (UTC)Responder

Si, así funciona (na referencia 40), grazas, pero o problema é que así o PMID non é unha ligazón en azul na que poidas clicar. Unha solución que atopei foi utilizar nesa referencia que descargaches o modelo PMID e de paso fixen unha modificación na páxina dese modelo. Seguirei investigando na páxina do modelo, xa que creo que o problema pode vir del.--Miguelferig (conversa) 25 de novembro de 2023 ás 17:03 (UTC)Responder

Agora entendo, Pois nin idea. Síntoo. MAGHOI (conversa) 25 de novembro de 2023 ás 17:20 (UTC)Responder
Boas, hai que subir o limite, que estaba en 320 000 00, e calquera dos exemplos o supera. Fíxeno no módulo de probas e alí temos unha ampliación de límite feita por Banjo en 2020 para ambos; o que pasa é que non me atrevo moito a cambialo no módulo principal. Maria zaos (conversa) 26 de novembro de 2023 ás 23:45 (UTC)Responder
Bueno, aumentei o límite en ambos e semella que non rompín nada. Pódelo comprobar limpando a caché da páxina, @Miguelferig@MAGHOI Maria zaos (conversa) 26 de novembro de 2023 ás 23:52 (UTC)Responder
referíame a PMID e PMC, vaia Maria zaos (conversa) 26 de novembro de 2023 ás 23:54 (UTC)Responder

Grazas, creo que agora está solucionado. Era algo que estaba afectando sistemáticamente moitísimas páxinas.--Miguelferig (conversa) 27 de novembro de 2023 ás 16:26 (UTC)Responder

Grazas a ti por avisar. Como había tempo que non revisaba identificadores pois non o sabía. Os límites creo que están xustiños, se volve pasar será que os sobrepasamos. Cos diffs que deixei máis arriba xa podes amañalo ti mesmo, que es probablemente o mais afectado polo tipo de entradas tan completas nas que traballas. O pmid é sempre de 8 dixitos, iso si, hai que lembralo. Maria zaos (conversa) 27 de novembro de 2023 ás 17:03 (UTC)Responder
Grazas outra vez, Maria zaos, pero non sei se entenderei eu moito de diffs. E outra cousa que non funciona nunca (estou optando por borralo) é o parámetro s2cid, que debe ser algún número identificador da referencia.--Miguelferig (conversa) 27 de novembro de 2023 ás 19:59 (UTC)Responder
podes poñerme un artigo de exemplo, @Miguelferig Maria zaos (conversa) 27 de novembro de 2023 ás 20:07 (UTC)Responder
Pois, Maria zaos, había exemplos en centos de páxinas, practicamente en todas porque sae continuamente nas referencias inglesas, o que pasa é que non aparecen porque sempre borrei ese parámetro, xa que non sabía que facer con el. Un dos que hai na páxina que estou facendo agora da xelsolina plasmática é a que che poño aquí co número 2:[2]
Pois é o identificador para Semantic Scholar. Hai un modelo solto, do tipo que creastes para PMID, pero hai que buscar como é que se integra en Cite:Journal, non traelo como modelo solto, creo eu. Outro día doulle outra volta@Miguelferig Maria zaos (conversa) 27 de novembro de 2023 ás 23:29 (UTC)Responder

Referencias

  1. Nobs, Stephanie-Jane; MacLeod, Fraser I.; Wong, Hon Lun; Burns, Brendan P. (maio de 2022). "Eukarya the chimera: eukaryotes, a secondary innovation of the two domains of life?". Trends in Microbiology 30 (5): 421–431. PMID 34863611. doi:10.1016/j.tim.2021.11.003. 
  2. Erukhimov, Jeffrey A.; Tang, Zi-Lue; Johnson, Bruce A.; Donahoe, Michael P.; Razzack, Jamal A.; Gibson, Kevin F.; Lee, William M.; Wasserloos, Karla J.; Watkins, Simon A.; Pitt, Bruce R. (xullo de 2000). "Actin-Containing Sera From Patients With Adult Respiratory Distress Syndrome Are Toxic to Sheep Pulmonary Endothelial Cells". American Journal of Respiratory and Critical Care Medicine 162 (1): 288–294. ISSN 1073-449X. PMID 10903256. doi:10.1164/ajrccm.162.1.9806088. 

Boas, onte cometín o erro de crear a Categoría:Piratas para máis tarde decatarme de que xa existía a Categoría:Personalidades da pirataría. E quería preguntar cal sería a norma, xa que dentro de Categoría:Personalidades aparecen categorías descritas dos dous xeitos.

Eu persoalmente estaría a favor da opción máis curta, ademáis penso que se pode interpretar mal, (mirar na rag as definicións de personalidade) dando a sensación que so fai referencia aos grandes personaxes da "disciplina" e non quizais a todos aqueles que realizan tal disciplina. Noutras wikis está coa versión máis curta, máis fácil de atopar á hora de categorizar os artigos, que cada vez habería que poñer "personalidades" e despois buscar o termo chave.

Isto da a certos erros como por exemplo Categoría:Personalidades da heráldica e dentro Categoría:Heraldistas, que, ata onde chegan os meus coñecemento viría ser a mesma cousa. En todo caso, como comentei arriba, sería Heraldistas a común, e Personalidades da heráldica a máis específica.

Ou por exemplo dentro de Categoría:Personalidades a Categoría:Persoas desaparecidas, cando en inglés "Personalidades" sería a categoría "People" é dicir "Xente" ou "Persoas" non "Personalities".

Penso que estaría ben ter unha norma para isto, e unificar pouco a pouco a nomenclatura. Como é un cambio considerable quería consultar antes de poñerme a facer.

Saúdos! O Breixo (conversa) 22 de febreiro de 2024 ás 09:34 (UTC)Responder

É que habería que poñer "piratas e piratos", "heraldistas e heraldistos" para que os homes non nos sintamos discriminados e sexa unha linguaxe máis inclusiva. (Estouno dicindo de broma! :), pero esa foi a orixe do problema).--Miguelferig (conversa) 22 de febreiro de 2024 ás 15:49 (UTC)Responder

Boas. Tendes algunha mormativa na escrita de fórmulas matemáticas, no que levo escrito ata agora uso:

  1. para modo display, entre etiquetas de math e /math uso latex. resúltame super cómodo pq escribo latex con soltura.
  2. Para formato inline estou comezando a usar modelos: mvar, math, tmath, tfrac.
  3. Sería correcto o anterior?
  4. Graciñas Andresv.63 (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 19:42 (UTC)Responder

De cuestións técnicas saben outros máis ca min, pero eu para fórmulas uso o Modelo:Math e tamén <math>...</math>.--Miguelferig (conversa) 26 de febreiro de 2024 ás 15:53 (UTC)Responder

@Miguelferig ok graciñas, o que estou facendo eu logo. O único, que estou a ampliar os modelos para que vaian coincidindo cos de inglés para facilitar as traducións.
De feito en certas páxinas, sobretodo vellas, teño visto que non usan math, /math con latex e usan html superincómodo. Moi, moi poucas por sorte.
Andresv.63 (conversa) 5 de abril de 2024 ás 11:04 (UTC)Responder

Boas, teño feita a páxina "inxectiva" que redirecciona correctamente a "Bixección, inxección e sobrexección".

Agora a cuestión é que hai moitas páxinas que teñen escrito inxectivo, inxectivos e Función inxectiva. Como podo localizar esas ligazóns dentro da categoría de matemáticas para ligar con inxectiva? Algún bot dará un listado? algún trebello?

Un saúdo Andresv.63 (conversa) 15 de abril de 2024 ás 10:04 (UTC)Responder

Ola, @Andresv.63:. En cada páxina (xa existente ou pendente de crear), tes a opción de consultar "Páxinas que ligan con esta"; podes ver o link na lista de ferramentas que aparece á esquerda, xunto co link a Wikidata e outros. Por exemplo: para inxectivo tes Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/Inxectivo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de abril de 2024 ás 10:34 (UTC)Responder
Olá @Estevoaei
Necesito o contrario a iso. Necesito as páxinas que queren apuntar a "inxectiva" pero están escritas lixeiramente diferente como "inxectivo" e non apuntan á que está feita.
En resumo: necesito un listado de páxinas que están apuntando a "inxectivo" dentro das categorías e subcategorías de matemáticas.
graciñas Andresv.63 (conversa) 15 de abril de 2024 ás 13:15 (UTC)Responder
Se queres que "inxectivo" (ou "función inxectiva") apunte cara a "inxectiva", na primeira páxina pos unha redirección á segunda e xa.
Agora mesmo ligan con "inxectivo" estas: Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/inxectivo e con "función inxectiva" estoutras: Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/Función_inxectiva.
Dende as formas en plural non facemos redireccións. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2024 ás 21:01 (UTC)Responder
Ok @HombreDHojalata. Non quería crear tantas páxinas de redirección porque a páxina destino é "Bixección, inxección e sobrexección" e aí teñen que ir: inxectivo, inxectiva e función inxectiva. E a maiores outras tantas para bixectiva e outras tantas para sobrexectiva.
Pero ben, agora vexo que teño outra solución, porque non me daba conta que podía ver as páxinas que ligan con unha aínda non existente, tal e como indicas.
Graciñas, esa solución váleme. Andresv.63 (conversa) 15 de abril de 2024 ás 22:36 (UTC)Responder

Boas, interésame unha nova categoría "publicacións en liña de matemáticas".

Tal e como vexo as categorías actualmente organizadas está moi disperso: libros por un lado, revistas, xornais, ... e a maiores non vexo categorías "en liña". A min interésame todo o máis xuntiño posíbel e de feito con maior prevalencia en liña pois hoxe en día son o 90%, e só distinción libro (libro ou enciclopedia) ou publicación periódica (revista, xornal, blogue, sitio web),

Iso para min sería o ideal: publicación en liña|libro|matemáticas e publicación en liña|publicación periódica|matemáticas.

Pódese facer iso? faino alguén? fago eu? outra ideia?

Atentamente Andresv.63 (conversa) 23 de agosto de 2024 ás 07:08 (UTC)Responder

Ola, estou vendo o que fan noutras linguas e non atopo ningunha que faga esa distinción de "publicacións en liña" dentro de "publicacións de matemáticas". Aínda así, eu creo que non haxa problema ningún se queda ben organizado. Por min adiante! Chairego apc (conversa) 28 de agosto de 2024 ás 15:04 (UTC)Responder
Claro, precisamente é que non a quero meter dentro de publicacións de matemáticas. O que quero é que a de primeiro nivel sexa "publicacións en liña" e por debaixo dúas categorías: libro e publicación periódica e en terceiro nivel publicacións de matemáticas (ou cada un o que lle corresponda).
Mais iso pode chocar coa estrutura actual onde hai moitas soltas de primeiro nivel: libro, revista, blogue ...
Andresv.63 (conversa) 28 de agosto de 2024 ás 15:16 (UTC)Responder

Boa tarde, son o compañeiro da escritora Arancha Nogueira. Lendo a sua páxina da galipedia detectamos algúns datos que non son totalmente correctos, algún cambiámolo pero outros non somos capaces.

Ademais, a foto que aparece dela é cando era moi nova e gustaríanos que aparecese outra máis actual.

Podedes axudarnos con estas tarefas?

Moitas grazas de antemán. OdiloGZ (conversa) 7 de setembro de 2024 ás 15:32 (UTC)Responder

Non sei moito de cuestións técnicas, pero o texto do artigo modifícase doadamente entrando na ventá de edición. Se queres modificar o cadro de datos da dereita, tes que premer no debuxo do lapis que aparece ao lado de cada dato e ábrese a base de datos Wikidata, onde creo que se poden facer modificacións. En canto ás fotos, poden poñerse aquelas das que se dispón que non teñan copyright ou outros impedimentos legais. Se ti tes unha foto recente podes subila á Wikipedia e incluíla.--Miguelferig (conversa) 7 de setembro de 2024 ás 18:04 (UTC)Responder
Grazas Miguel, o que non conseguimos modificar é o cadro da biografía. Queremos poñer lingua galega en vez de língua castelá (ela é escritora en língua galega e falante de galego) e modificar a foto que é moi antiga.
O resto en principio está ben.
Non sei se alguén me podería indicar con máis detalle como se modifican estes datos? 2A02:9130:9C24:64DB:4831:DFF:FE22:C9CB 8 de setembro de 2024 ás 09:24 (UTC)Responder

Vexo que o de lingua galega xa está corrixido. En canto á foto, o primeiro é que teñas a foto no teu ordenador. Despois unha forma que utilizo eu a miúdo para cargar imaxes é esta:

  1. Preme sobre a foto que hai agora no cadro de datos. Vaise abrir unha páxina propia do arquivo da foto.
  2. Debaixo da foto hai unha mensaxe que di "Commons é un repositorio libre de ficheiros multimedia. Pode contribuír alí cargando as súas imaxes." Pois tes que premer en "Pode contribuír alí", que estará en azul. Vaise abrir a páxina de cargar fotos en Wikipedia Commons.
  3. Nesa páxina, no apartado "Rexistrarse" terás que crear unha conta ou usar o log in se xa tes unha.
  4. Para cargar a nova foto tes que estar de novo na páxina de Wikipedia Commons, que sae en inglés, e tes que clicar arriba á dereita en "Upload". Ábrese un cadriño onde podes arrastrar o ficheiro da foto que tes no teu ordenador. Despois tes que seguir as instrucións para introducir datos e licenzas que che vaia pedindo ata que chegues ao final.
  5. Lembra o nome do ficheiro da foto ou cópiao no portapapeis e sal de Commons e volve a entrar na páxina de Arancha Nogueira.
  6. Nesa páxina fai clic debaixo da foto no lapis onde está o ano (2017). Vaise abrir Wikidata e alí aparecerá a foto que hai agora, pero tamén hai un menú que pon "Editar". Clica nel e cambia o nome do ficheiro actual polo do ficheiro da foto nova e garda. Debería funcionar.--Miguelferig (conversa) 8 de setembro de 2024 ás 16:37 (UTC)Responder
Moitas grazas, agora estou fóra de casa, cando chegue o luns vou intentalo :) OdiloGZ (conversa) 8 de setembro de 2024 ás 17:11 (UTC)Responder

que contiña información erronea, referencio todo o engadido e non me permite publicar porque dí que eliminei en enlaces previos, ademáis non son quen subir unha foto actualizada. Podedes axudarme? Grazas Gonzalo Feijoo Guillán (conversa) 12 de setembro de 2024 ás 17:43 (UTC)Responder

Foto subida. Gonzalo Feijoo Guillán (conversa) 12 de setembro de 2024 ás 17:53 (UTC)Responder
Ola, Gonzalo.Podes describir un pouco máis o problema? Non hai ningún problema para editar o artigo. Saúdos. MAGHOI (conversa) 12 de setembro de 2024 ás 18:14 (UTC)Responder
Ponme: Non se puideron gardar os cambios debido a un conflito de edición. Queres resolver o conflito manualmente? Gonzalo Feijoo Guillán (conversa) 12 de setembro de 2024 ás 18:43 (UTC)Responder
Acaba de borrarme todo, nada xa mirarei de facelo outro día porque a información que amosa é obsoleta por completo Gonzalo Feijoo Guillán (conversa) 12 de setembro de 2024 ás 18:46 (UTC)Responder
Amosa esa mensaxe cando hai varias persoas editando; cando unha garda, o traballo das outras, desaparece. Para evitalo, hai que colocar o marcador {enuso} de tal xeito que queda, teoricamente, reservado para un mesmo; é un aviso para outros usuarios. Unha vez rematada a edición, quítase. Colócocho eu e aínda, que apareza o meu nome, ti edita. Non esquezas engadir referencias do contido. Cando remates, se queres me avisas ou, se non, na pantalla de edición (no menú "Editar a fonte", eliminas o marcador {{enuso}}.
Porén, eu recomendaríache se te animas a seguir editando que abras unha conta e terás unha páxina propia de usuario cunha serie de ligazóns de axudas. Para calquera outra cousa, podes avisarme na miña páxina de "conversa". Saúdos. MAGHOI (conversa) 12 de setembro de 2024 ás 18:55 (UTC)Responder
Modificado, non sei si o fixen ben ou mal pero está actualizada. Grazas infindas! Gonzalo Feijoo Guillán (conversa) 17 de setembro de 2024 ás 23:17 (UTC)Responder
Estimadas editoras e editores.

Na {{Táboa mantemento}} hai incluída unha nova liña:

Agora mesmo son 497 artigos, porén a cifra na liña anterior actualizarase automaticamente.

Aí están incluídos, automaticamente, os artigos que teñen unha infobox baleira. En moitos casos é debido a que non teñen "elemento" en Wikidata ou que, tendo o elemento, non teñen cubertas suficientes "declaracións".

Ollade por onde se accede para arranxar iso:

Cando o artigo non ten "elemento" en Wikidata e hai que crealo
(d:Special:NewItem ou fai clic na imaxe).
Cando o artigo si ten "elemento" en Wikidata
e hai que ir engadindo "declaración"s cos correspondentes datos.

Anímovos a colaborar creando e/ou enchendo os "elemento"s ou as "declaración"s en Wikidata. --. HombreDHojalata.conversa 2 de outubro de 2024 ás 09:39 (UTC)Responder

Grazas, @HombreDHojalata!! Chairego apc (conversa) 2 de outubro de 2024 ás 14:33 (UTC)Responder

Bos días, estaba actualizando os datos de poboación vellos (Categoría:Poboación 2007) polos do estatístico do IGE, e atopo que non existe a parroquia de Lourido, Valdoviño, vin na conversa que o Usuario:Esquwiki dixo que os seus lugares están integrados na parroquia de O Sequeiro, Valdoviño, comprobei que era certo, aínda que no nomenclator seguen existindo. Entendo que habería que mover os lugares, por exemplo de "O Campo, Lourido, Valdoviño" a "O Campo, O Sequeiro, Valdoviño", non? E as parroquias teñen que fusionarse ou Lourido déxase como antiga parroquia? E o lugar San Bartolomeu, Lourido, Valdoviño, que non me aparece no IGE, fago algo? Grazas anticipadas pola axuda. Un saúdo Onda de lume (Conversa) 24 de outubro de 2024 ás 12:56 (UTC)Responder

Boas! Quizais debería preguntar en wikidata pero quería comentar que igual que "país" sería interesante ter unha propiedade específica para "comunidade autónoma" ou "comunidade autónoma de España" na que puideramos especificar a localización dos elementos de Wikidata. Non falo dunha entrada falo dunha propiedade. Non sei exactamente, se hai algún acordo para isto pero a propiedade "situado na unidade administrativa" é bastante ambigua, e as veces, non se sabe se é a comunidade ou a provincia ou a que "unidade administrativa" se refire. Non sei se existe unha convención para isto, ou se alguén sabe algo ao respecto.

Tendo unha propiedade tal que "situado na comunidade autónoma" permitiría facer que os modelos puxeran, por exemplo, "Galicia, España" especificando tamén a comunidade autónoma no canto de poñer só o país. Evidentemente isto só funcionaria para as comunidades españolas, pero descoñezo como se podería facer doutro xeito.

Se alguén sabe algo ao respecto agradezo os comentarios, saúdos, O Breixo (conversa) 13 de febreiro de 2025 ás 22:31 (UTC)Responder

Ola, @O Breixo:. Os elementos de Wikidata referidos a unidades administrativas teñen carácter xerárquico: as aldeas están situadas en parroquias, as parroquias en concellos, os concellos en provincias... Por exemplo, O Alcouce (d:Q20545642) ten como P131 Figueirido (d:Q12951635), que ten como P131 Vilaboa (d:Q377426), que ten como P131 provincia de Pontevedra (d:Q95086), que ten como P131 Galicia (d:Q3908). Así, indicando a unidade máis pequena á que pertence un elemento, xa se extrapola que está tamén nos elementos superiores, e indicando que unha aldea pertence a unha determinada parroquia xa se extrapola a cal comunidade autónoma pertence.
Por outra banda, para que apareza Galicia nos modelos cómpre configurar o modelo, porque a información en Wikidata xa está. No apartado onde se sinala que debe aparecer a d:Property:P17, pode especificarse que se indique no seu lugar o elemento da comunidade autónoma correspondente, que se pode tomar do d:Q10742. Tamén podería indicarse que, por exemplo, para un elemento situado nos Ánxeles, apareza California e non os EUA (d:Q10742, estado dos Estados Unidos) etc. Pero iso debe indicarse no modelo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de febreiro de 2025 ás 07:41 (UTC)Responder
Ola @Estevoaei! Ok, perfecto, descoñecía isto. Non saberás dalgún modelo que xa aplique isto como comentas? Penso que sería interesante incluír isto nos modelos, nun apartado de "localización:" e que puxera: O Alcouce, Figueirido, Vilaboa, Provincia de Pontevedra, Galicia, España; e así non ter indicar "país" ou outra etiqueta de localización por separado.
Por certo, en canto ao Modelo:Acontecemento irei pouco a pouco engadindo máis elementos, por favor, calquera suxestión facédema saber na conversa do modelo. Sei que a intención e quizais que chegue a substituír Modelo:Elección ou Modelo:Conflito militar, pero polo momento vexo máis fácil que comece substituíndo Modelo:Festival de música, Modelo:Festa, Modelo:Evento olímpico, ... etc tamén para ser aplicado nos casos de "acontecementos históricos" tal que firmas de tratados, revolucións (inda que eu, neste caso, se a revolución foi un conflito violento poría o de "conflito militar") e artigos de historia nos que non encaixe o Modelo:Historia. Penso que para facer que este modelo chegase a incluír os modelos de conflito e elección e mostralos ben sería complicado non só de facer senón tamén de usar.
Moitos dos apartados de conflito militar non hai xeito (que eu seipa) de facelos en función de wikitada, como os bandos etc, polo que hai que metelos manualmente. E por poñer un exemplo Modelo:Xeografía política, na miña opinión, faise moi difícil de editar manualmente pola cantidade infinita de parámetros. Se só inclúes o modelo e funciona perfecto, pero se tes que editar algo manualmente faise bastante máis tedioso ca un modelo específico con poucos parámetros. Inda teño que mirar ven como está feito o modelo elección pero penso que tamén require bastante edición manual.
Saúdos, continuarei en canto poida con isto, O Breixo (conversa) 14 de febreiro de 2025 ás 13:12 (UTC)Responder

Boas, levo uns días traballando nunha tradución do inglés, e nos días anteriores gardouse sen problema. Pero todo o que levo traballado hoxe non, e cando volvín a entrar, volveu a aparecer a tradución automática inicial, e nada do traballo gardado con anterioridade. Hai maneira de recuperalo? Gracias Sara-Bellum-inha (conversa) 19 de setembro de 2025 ás 22:26 (UTC)Responder

Ola, @Sara-Bellum-inha. Precisaríase algo máis de información como o nome do artigo. Iso pode suceder por varias causas como que outro/a usuario/a estea editando o mesmo artigo e o grave antes ca ti. Mais entendo que estabas nun artigo propio, polo que pode ser que quede na caché. É raro que pase iso, quizis se agardou mal. De tódolos xeitos, no historial, procura recuperar a liña anterior e, ás veces, se recupera. Saúdos. MAGHOI (conversa) 19 de setembro de 2025 ás 22:36 (UTC)Responder
E como se recupera a liña anterior no historial? Eu estaba traballando no meu borrador, desde fai 20 días. Os cambios de fai días, hoxe estaban gardados e continuei. E agora fai nada, saín e volvín a entrar, e aparecía a páxina orixinal, coa tradución incorrecta, non estaban nin gardados os cambios iniciais de fai días. Apareceu unha mensaxe de que estaba traballando sobre unha versión vella, que había cambios na versión inglesa, pero non aceptei nada, nin reiniciei a tradución. Grazas Sara-Bellum-inha (conversa) 19 de setembro de 2025 ás 22:41 (UTC)Responder
Na parte superior do artigo aparece un menú con Ler, Editar...Ver Historial. Premendo nesta última, podes ver tódalas edicións realizadas e gardadas por ti ou por outros usuarios. MAGHOI (conversa) 19 de setembro de 2025 ás 22:52 (UTC)Responder
O problema é que eu non cheguei a publicar a tradución, seguía traballando nela en borradores. Sara-Bellum-inha (conversa) 19 de setembro de 2025 ás 22:58 (UTC)Responder
Aínda que sexa un borrador, igual que en calquera outro artigo, se non se garda (publica), ao apagar o ordenador, desaparece. Síntoo. MAGHOI (conversa) 19 de setembro de 2025 ás 23:03 (UTC)Responder
Sí que se garda. Eu gardei as primeiras modificacións que fixen e retomeinas hoxe. Pero estou vendo que máis usuarios tiveron problemas similares: https://www.mediawiki.org/wiki/Talk:Content_translation Sara-Bellum-inha (conversa) 19 de setembro de 2025 ás 23:09 (UTC)Responder