Wikipedia:Canle de IRC - Wikipedia, a enciclopedia libre
Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo
WP:IRC
Referencia rápida
Rede
Libera.chat
Servidor
irc.libera.chat
Canle
#wikipedia-gl
ligazón directa
Esta páxina intenta explicar como podes conectarte á
canle de
IRC
da Wikipedia en galego para poder participar máis activamente na
Wikipedia
e que outros wikipedistas poidan solucionarche os problemas que poidas atopar.
Sobre IRC
editar a fonte
Chámaselle
IRC (Internet Relay Chat)
a unha rede de comunicación en tempo real na que podes falar cun grupo de usuarios ao mesmo tempo. Estes grupos de usuarios están conectados a unha das redes de IRC. A rede
Libera.chat
(previamente
Freenode
) inclúe grupos de usuarios e canles que tratan sobre proxectos de
software libre
Os grupos de usuarios concéntranse en canles; estas sempre levan o signo
diante do nome da canle. Por exemplo, a nosa canle chámase
#wikipedia-gl
e está dentro da rede
Libera.chat
, cuxa dirección é
irc.libera.chat
Tamén podes conectarte a través do navegador de Internet dende
esta ligazón
Obter un cliente IRC
editar a fonte
Para poder participar nunha canle de
IRC
o primeiro que necesitas é un cliente IRC, que simplemente é un programa co cal conectarse a unha destas redes.
Hai moitos clientes, algúns máis complicados de utilizar que outros pero con máis características. Os máis interesantes son
X-Chat
Pidgin
, e
mirC - IRcap
, todos libres, moi sinxelos de usar e con versións para os
sistemas operativos
máis comúns.
Rexistrar o teu nome e identificarte
editar a fonte
Se te conectas habitualmente á rede, deberías rexistrar o teu nome de usuario do mesmo xeito que o fas na Wikipedia para que os demais usuarios poidan identificarte e ninguén poida usurpar a túa personalidade. Ademais, isto permitirache enviar mensaxes privadas a outros usuarios, que segundo a configuración de Libera.chat, están deshabilitados para usuarios non rexistrados. Existen canles na que é un requisito estar rexistrado para poder falar, pero ese non é o noso caso.
Comandos
editar a fonte
Podes empregar estes comandos para cambiar de nick, rexistralo, identificarte ou recuperalo. Lémbrate de facelo sempre na ventá que pon "irc.libera.chat" e non na do canle, para que outros usuarios non poidan ver o teu contrasinal.
/nick ****
Serve para cambiar de nick. Substitúe os **** polo nick que queiras.
/msg nickserv register ****
Cando teñas posto o teu nick, escribe este comando para rexistralo, poñendo o contrasinal que queiras en vez de ****. Só fai falla rexistrar o nick a primeira vez que te conectes. O contrasinal que empreges debería ser diferente ao que utilizas na Wikipedia porque poderías escribir por erro o contrasinal na canle e poderíano ler todos os usuarios, aínda que non é habitual porque a maioría dos clientes permiten identificarte automaticamente.
/msg nickserv identify ****
Cada vez que entres no chat podes identificar o teu nick con este comando. Non é obrigatorio, mais si recomendable.
/msg nickserv set password ****
Serve para cambiar de contrasinal. Substitúe os **** polo novo contrasinal que queiras poñer.
Que son eses caracteres raros que vexo? (problemas con UTF-8)
editar a fonte
No
IRC
utilizamos a codificación
UTF-8
para charlar (a mesma que utiliza a
Wikipedia
).
Na actualidade, a maioría dos clientes poden interpretar correctamente a codificación UTF-8, así que se ves caracteres
estraños
é moi probable que o teu cliente estea desactualizado ou mal configurado. Para solucionar iso hai moitos parches ou tI mesmo podes configuralo.
Usuarios do IRC
editar a fonte
Este usuario conéctase á
Canle de IRC
da Galipedia
#wikipedia-gl
O seu nick é
exemplo
Se es un usuario habitual do canle IRC da Galipedia podes engadir na túa páxina o marcador
{{Usuario IRC|nome}}
para que o resto dos usuarios poidan identificarte coma tal.
A canle #wikipedia-gl e a wikipedia
editar a fonte
A canle #wikipedia-gl en Libera.chat é un lugar
non oficial
no que os colaboradores conversan mediante IRC. No que fai respecto á súa relación coa Wikipedia, o IRC é o equivalente a unha mensaxe por
correo electrónico
ou a parolar nun bar: son conversas privadas que, normalmente, non teñen influencia sobre como se debe desenvolver a Galipedia.
Algúns usuarios conéctanse mentres traballan na Galipedia e observan as discusións de cando en vez para ver de que se está a falar ou para participar. Algúns programas alertan cando se produce actividade na canle para que os colaboradores non perdan nada. Frecuentemente, os usuarios acoden a #wikipedia-gl para realizar consultas rápidas ou para chamar a atención dos demais sobre algo en particular.
Para debates oficiais, o lugar apropiado é
A Taberna
Obtido de «
Categoría
Wikipedia:Administración
Wikipedia
Canle de IRC
Nova sección